O Cadramón, O Valadouro
Aparencia
O Cadramón | |
---|---|
Capela de Santa Filomena do Cadramón. | |
Concello | O Valadouro[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°29′35″N 7°31′42″O / 43.493, -7.5283 |
Poboación | 137 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 23[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xurxo do Cadramón é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 197 habitantes, deles 94 eran homes e 103 eran mulleres.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Os Círculos das Pedragosas, dous círculos concéntricos de pedras amoreadas, non chantadas, cubertos de brañas, aínda que perfectamente visíbeis.[2]
- A capela de Santa Filomena do Cadramón, tamén coñecida como a Santiña das Neves Perpetuas, da que só se conserva o que foi presbiterio-ábsida, foi edificada entre os séculos IX e X.[3]
No límite coa parroquia do Pereiro (Alfoz), fórmase a fervenza do Escouridal sobre o río Ouro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares do Cadramón
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia do Cadramón no concello do Valadouro (Lugo) | |
---|---|
A Abelleira | O Albardo | Andamil | A Balsa | Bustomeao | O Campo | As Cancelas | Chocha | Cortegaza | Corvelle | O Esteleiro | Ferrocente | As Folgueiras | A Fonte da Vila | A Liñarega | O Loureiro | A Muxueira | Pereira | O Porto do Río | Rego Cavado | As Rozadas | O Tituelo | As Veigas |
Parroquias do Valadouro
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Círculo lítico das Pedragosas na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Capela de Santa Filomena na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.