Control de autoridades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para ver información sobre o control de autoridades na Wikipedia, véxase Axuda:Control de autoridades.
A princesa Diana de Gales está descrita nun ficheiro de autoridades como "Diana, Princesa de Gales, 1961-1997".

En biblioteconomía e en ciencia da información, chámase control de autoridades á práctica de instaurar e manter o control dos materiais bibliográficos do catálogo dunha biblioteca.

O control de autoría ten dúas funcións importantes: primeiro, que os catalogadores poidan distinguir entre nomes semellantes ou idénticos; segundo, que poidan dispor de materiais que loxicamente están reunidos, aínda que se presentan de forma diferente.

Definición[editar | editar a fonte]

O control de autoridades é o conxunto de procesos que crean, unifican e actualizan os puntos de acceso dos catálogos automatizados e mostra ademais as relacións entre os distintos puntos, dunha forma normalizada. A súa finalidade é facilitar a procura, identificación e recuperación dos documentos almacenados, evitando confusións e aforrando tempo ao usuario. Para asegurar que as obras dunha determinada entidade corporativa ou persoal sexan recuperadas sempre que se realice unha procura, deberase determinar o encabezamento e establecer a forma autorizada deste, seguindo tamén as convencións e recomendacións internacionais.

Tarefas do control de autoridades[editar | editar a fonte]

O control de autoridades permítenos realizar o catálogo da biblioteca, axudándonos como recurso a recuperar rexistros bibliográficos tanto a profesionais da información como aos usuarios, para iso, os profesionais da información, necesitan establecer unha serie de tarefas principais:

  • Saber diferenciar entre dous puntos de acceso cando son similares, homonimia
  • Establecer relacións de forma xerárquica ou asociativa entre todos os puntos de acceso.
  • Unificar puntos de acceso que se consideren sinónimos.
  • Establecer unha relación entre os puntos de acceso que se atopen admitidos nas regras de catalogación e os que non o estean, tamén chamado referencias de reenvío.

Metodoloxía[editar | editar a fonte]

Deben terse en conta varios aspectos á hora de realizar un control de autoridades:

  • Se vai a realizarse con carácter retrospectivo sobre todos os fondos da biblioteca ou, pola contra, o ficheiro vaise constituír coas entradas que se vaian normalizando.
  • Se todas as autoridades do catálogo necesitan ser controladas ou se se vai facer de maneira selectiva. O ideal é facer unha selección de autoridades completa pero o tempo que leva esta tarefa fai que algúns centros fagan unha selección de autoridades baseada nos distintos criterios, apelidos máis comúns, os compostos, os iniciais etc.
  • Se vai a crearse un ficheiro de autoridades propio ou se se vai a consultar unha lista de prestixio recoñecido, como as da Library of Congress, Biblioteca Nacional ou calquera outro.

En principio os ficheiros de autoridades deben crealos as bibliotecas, pero é importante o papel das bibliotecas universitarias e locais para a información sobre autoridades locais e rexionais. Estes centros utilizan un sistema mixto baseado en establecer as súas propias autoridades cando non están noutros ficheiros de autoridade de máis alto nivel.

Unha vez que un centro tomou a decisión de aplicar o control de autoridades aos seus rexistros, hai unhas operacións a realizar:

  • Creación da autoridade: un punto de acceso referente a un autor, título uniforme ou materia, convértese nunha autoridade cando se contrasta nunha lista de autoridades xa establecida e se comproba que está incluído nela. Se non está incluído na lista, deberá crearse e incluírse na lista de autoridades propia indicando as fontes que se consultaron para dala por válida. Nos dous casos, a partir deste momento a autoridade forma parte do ficheiro de autoridades da biblioteca.
  • Establecemento das referencias cruzadas entre as autoridades por medio de relacións que poden ser de equivalencia, xerárquicas e asociativas. Esta fase realízase con todos os tipos de autoridades, pero, a diferenza dos nomes de persoa, nas entidades non prevalece o criterio de ter que elixir unha soa forma para a entidade.
  • Rexistro das autoridades e as súas referencias no formato e software elixido.
  • Mantemento da lista de autoridades, mediante o control de altas, modificacións e baixas. Para que sexa efectivo, o sistema debe ser permanentemente verificado e validado, tanto en relación ás autoridades como ás referencias entre elas. Hai que estar constantemente revisando o ficheiro para actualizalo, tendo en conta as formas alternativas do encabezamento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Biblioteca Nacional. Guías temáticas. Categorías: Documentos técnicos. Manual de autoridad. Título: Manual de autoridades. GSARE: Directrices para los Registros de autoridad y de referencia de materia. Autor: Biblioteca Nacional.
  • IFLA. Título: Directrices para registros de autoridad y referencias. Autor: IFLA. Edita a Secretaría General de Información y Publicaciones.
  • Anales de documentación. Nº 2, 1999. Título: El Control de Autoridades. Autor: Cristina Herrero Pascual. Publicación: Facultad de Ciencias de la Documentación. Universidade de Murcia.
  • Servizo de Archivos y Bibliotecas. Universidade de Salamanca. Título: Control de autoridades y calidad de puntos de acceso del catálogo automatizado de la biblioteca de la Universidad de Salamanca. Autor: Lorenzo Albás. Xefe da Unidade de Mantemento do catálogo. Publicación: Tallar de Bibliotecas Universitarias Iberoamericanas. Ano 2003.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]