Nuñomoral
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
Provincia | Provincia de Cáceres | ||||
Capital | Nuñomoral | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.225 (2023) (12,89 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 95 km² | ||||
Altitude | 478 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan Carlos Sendín Sánchez | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 10626 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 10135 | ||||
Páxina web | nunomoral.es |
Nuñomoral é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, na comarca de Las Hurdes. O concello ten a súa capital na localidade homónima de Nuñomoral.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante o Antigo Réxime a comarca dependía de La Alberca (Salamanca), mais a comezos do século XIX constituíuse como concello integrado en Estremadura, co nome de Nuño-Moral.
Turismo
[editar | editar a fonte]- Fervenza chamada Chorro de la Miacera, en El Gasco.
- Centro de Interpretación de la casa hurdana, en El Gasco.
- Arquitectura tradicional de Aceitunilla.
- Arquitectura tradicional de Fragosa.
Demografía
[editar | editar a fonte]Como outros concellos da comarca de Las Hurdes a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías.
Alquerías
[editar | editar a fonte]Nome oficial | Pob. (2008) | Nome tradicional en estremeño |
---|---|---|
Nuñomoral | 309 | - |
Aceitunilla | 99 | - |
Asegur | 119 | L’Asegul |
Cerezal | 139 | El Cerezal |
Fragosa | 172 | - |
El Gasco | 138 | El Gascu |
La Batuequilla | 0 | - |
La Horcajada | 0 | - |
Martilandrán | 148 | - |
Rubiaco | 94 | El Rubiacu |
Vegas de Coria | 237 | Vegas |
Total | 1.452 |
Infraestruturas e servizos
[editar | editar a fonte]Comunicacións
[editar | editar a fonte]A principal estrada que cruza o concello é a CCV-55, que empata coa estrada autonómica EX-204, de Salamanca a Coria, en Vegas de Coria.
Educación
[editar | editar a fonte]O municipio ten dúas escolas de primaria, en Nuñomoral e en Vegas de Coria.