Nova Zembla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Novaya Zemlya»)
Modelo:Xeografía políticaNova Zembla
Новая Земля (ru) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 73°57′09″N 56°20′55″L / 73.9525, 56.34861Coordenadas: 73°57′09″N 56°20′55″L / 73.9525, 56.34861
EstadoRusia
ÓblastsÓblast de Arjánguelsk Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie91.000 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Ártico Editar o valor em Wikidata
Altitude1.547 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Nova Zembla,[1] Nova Terra[2][3] ou Nova Cembla[4] (en ruso: Но́вая Земля́, Terra Nova), é un arquipélago ártico ruso localizado entre o Mar de Barents a oeste e o Mar de Kara a leste. Situado próximo do continente, o territorio máis próximo é a illa de Vaygatch, a suroeste, da cal está separado polo estreito Karskiye Vorota, ou estreito de Kara. Esta illa, á súa vez, está separada do continente por un estreito de preto de 10 km de largura.

A Nova Zembla componse de dúas grandes illas (Illa Severny ao norte e Illa Yuzhny ao sur), separadas por un estreito canal, o Matotchkin Shar, e dun número considerable de illas adxacentes. Aínda que xeoloxicamente constitúa o prolongamento cara ao norte dos Montes Urais, o arquipélago inclúese en Europa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0: Páxinas 33, 35, 182, 183 e 206: Illa de Nova Zembla. Páxina 186: Nova Zembla.
  2. Enciclopedia Galega Universal, t. 12: Páxina 453: Nova Zembla => Nova Terra. Páxina 450: Nova Terra [ruso: Novaja Zeml'a] ou Nova Zembla Arquipélago do Océano Ártico, que separa os mares de Laptev e Siberia Oriental e forma parte de Iacutia...
  3. Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 45: Páxina 51: Nova Zembla => Nova Terra. Páxina 48: Nova Terra ou Nova Zembla [ruso: Novaja Zeml'a] Arquipélago do océano Ártico, que forma parte da oblast' de Arkhangel'sk, en Rusia (830.001.339 km²)...
  4. "Nova Cembla". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1479.