Nicolás González Casares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nicolás María González Casares»)
Infotaula de personaNicolás González Casares
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Eurodeputado

2 de xullo de 2019 –

Circunscrición electoral: España

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeiro , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiNicolás González Aller Editar o valor em Wikidata

Facebook: nicogoncas Twitter: nicogoncas Instagram: nicogoncas Editar o valor em Wikidata

Nicolás María González Casares, nado na Coruña[1] o 20 de xullo de 1972, é un enfermeiro e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Nicolás González Aller e María Teresa Casares Peláez, e neto de Luis González Taboada, residiu en Lalín dende a infancia. Estudou enfermería na Universidade de Santiago de Compostela, é experto en Xestión de Servizos de Enfermería, exerceu no 061 e como docente,[2] especialista en soporte vital polo ERC[3] e pola AHA;[4] é un dos autores do Manual de soporte vital avanzado en urxencias prehospitalarias (2007).

Forma parte do Comité Nacional Galego do PSdeG dende 2007 e preside a asociación ecoloxista Vilau Garrido dende 2009.[5] Vencellado á agrupación socialista de Lalín, foi elixido en 2008 secretario de organización e secretario xeral en 2012.[6] Foi membro da Executiva Provincial de Pontevedra desde 2009 ata 2017. Nas eleccións xerais de 2011 concorreu no número 6 pola provincia de Pontevedra. Nas eleccións europeas de 2014 formou parte da lista do PSOE pero non resultou elixido. Nas municipais de 2015 encabezou a lista socialista á alcaldía de Lalín que obtivo tres concelleiros. Foi nomeado primeiro tenente alcalde e concelleiro de Urbanismo, Servizos Sociais, Saúde e Deporte (compartida).

En marzo de 2019 foi incluído na novena posición da lista do PSOE para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019,[7] e foi elixido.[8] Desde o Parlamento Europeo traballa como titular na Comisión de Enerxía, Industria e Innovación (ITRE), é substituto na Comisión de Medio Ambiente e Saúde (ENVI) e susbtituto na de Pesca (PECH). Ocúpase de transición enerxética,[9] cambio climático,[10] saúde[11] e pesca.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]