Nicolás González Aller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicolás González Aller
Nacemento9 de agosto de 1947
Lugar de nacementoLalín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor e político
PaiLuis González Taboada
FillosNicolás González Casares
editar datos en Wikidata ]

Nicolás María González Aller, nado en Lalín o 9 de agosto de 1947, é un pintor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Luis González Taboada. Foi director da sucursal da Caixa de Aforros de Ourense en Lalín de 1981 a 1987,[1] e despois da sucursal de Caja Madrid (1993), e presidente do Club Deportivo Lalín. Foi o número catro na candidatura de Coalición Galega pola provincia de Pontevedra ás eleccións autonómicas de 1985.[2] Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a lista de Converxencia Nacionalista Galega ao concello de Lalín,[3] pero non foi elixido concelleiro. Fixo a súa primeira exposición en Lalín en 1994. Volveu ser presidente do Club Deportivo Lalín (1997-2000). A partir de 1999 dirixiu o proxecto cultural Silleda Creart da Semana Verde de Galicia.[4] Residiu dous anos en Costa do Marfil (2005-2007).[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Teresa Casares Peláez. É pai de Teresa, Berta e Nicolás González Casares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 12-12-1981, p. 33.
  2. La Voz de Galicia, 17-11-1985, p. 36.
  3. La Voz de Galicia, 12-4-1941, p. 34
  4. La Voz de Galicia, 17-12-1998, p. 47
  5. La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 17-3-2007, p. l2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]