Nicolás González Casares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1972 (52 anos) A Coruña, España |
Eurodeputado | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 16 de xullo de 2024 – Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electo en: eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 | |
Eurodeputado | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 2 de xullo de 2019 – Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | enfermeiro, político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Pai | Nicolás González Aller |
Nicolás María González Casares, nado na Coruña[1] o 20 de xullo de 1972, é un enfermeiro e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Nicolás González Aller e María Teresa Casares Peláez, e neto de Luis González Taboada, residiu en Lalín dende a infancia. Estudou enfermería na Universidade de Santiago de Compostela, é experto en Xestión de Servizos de Enfermería, exerceu no 061 e como docente,[2] especialista en soporte vital polo ERC[3] e pola AHA;[4] é un dos autores do Manual de soporte vital avanzado en urxencias prehospitalarias (2007).
Forma parte do Comité Nacional Galego do PSdeG dende 2007 e preside a asociación ecoloxista Vilau Garrido dende 2009.[5] Vencellado á agrupación socialista de Lalín, foi elixido en 2008 secretario de organización e secretario xeral en 2012.[6] Foi membro da Executiva Provincial de Pontevedra desde 2009 ata 2017. Nas eleccións xerais de 2011 concorreu no número 6 pola provincia de Pontevedra. Nas eleccións europeas de 2014 formou parte da lista do PSOE pero non resultou elixido. Nas municipais de 2015 encabezou a lista socialista á alcaldía de Lalín que obtivo tres concelleiros. Foi nomeado primeiro tenente alcalde e concelleiro de Urbanismo, Servizos Sociais, Saúde e Deporte (compartida).
En marzo de 2019 foi incluído na novena posición da lista do PSOE para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019,[7] e foi elixido.[8] Desde o Parlamento Europeo traballa como titular na Comisión de Enerxía, Industria e Innovación (ITRE), é substituto na Comisión de Medio Ambiente e Saúde (ENVI) e susbtituto na de Pesca (PECH). Ocúpase de transición enerxética,[9] cambio climático,[10] saúde[11] e pesca.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrevista a Nicolás González Casares en La Voz de Galicia, 9 de novembro de 2011.
- ↑ Perfil en Vieiros.com
- ↑ ERC
- ↑ AHA
- ↑ Entrevista en Faro de Vigo, 26 de abril de 2011
- ↑ O PSOE elixiu a Nicolás González secretario xeral en Lalín, La Voz de Galicia, 6 de xullo de 2012
- ↑ Sampedro, D. (2019-06-16). "Sánchez apuesta por el lalinense González Casares como candidato a la Eurocámara". La Voz de Galicia.
- ↑ europarlamentario
- ↑ "El comité de crisis de As Pontes analiza las ayudas europeas con el diputado Nicolás González". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-03. Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "Nicolás González, eurodeputado: «Non queremos que a emerxencia climática quede en algo simbólico»". La Voz de Asturias (en castelán). 2019-12-03. Consultado o 2020-12-09.
- ↑ "González Casares insta a estandarizar los datos sobre coronavirus en UE". Acta Sanitaria (en castelán). 2020-03-19. Consultado o 2020-12-09.[Ligazón morta]
- ↑ "González Casares pide más ayudas para la flota ante el "Brexit"". Faro de Vigo (en castelán). 2020-01-24. Consultado o 2020-12-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web persoal de Nicolás González Casares
- O socialista Nicolás González quere darlle voz aos problemas de Galicia en Europa, entrevista en Europa Press.
- «Son moi bo comedor, e nos sitios de montaña cómese ben», entrevista en La Voz de Galicia.
- "Galicia será mi prioridad en Europa, ser nacionalista no da un plus para visibilizarla", entrevista en Faro de Vigo,