Nicki Nicole

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nicki Nicole
Nicki Nicole 2020.png
Nome de nacementoNicole Denise Cucco
Nacemento25 de agosto de 2000 (21 anos)
Lugar de nacementoFlag of Argentina.svg Rosario, Santa Fe, Arxentina
NacionalidadeArxentina
Ocupación
Xéneros
Na rede
IMDB: nm11054900 Facebook: naikinai19 Twitter: nickinicole18 Instagram: nicki.nicole Youtube: UCEMoAW9Qk0HrZqLxV5BFhDw Souncloud: nicole-cucco Spotify: 2UZIAOlrnyZmyzt1nuXr9y Last fm: Nicki+Nicole Musicbrainz: c1a07a33-72c3-4f2d-801a-37c57923daf5 Discogs: 7948844 Allmusic: mn0003943318 Deezer: 13299379 Genius: Nicki-nicole Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nicole Denise Cucco, nada en Rosario (Santa Fe) o 25 de agosto de 2000, é unha cantante e compositora arxentina máis coñecida como Nicki Nicole.

En 2019, saltou á fama co sinxelo «Wapo traketero», logrando obter millóns de reproduccións en YouTube nun curto período de tempo, despois de ser publicado. A canción converteuse nun fenómeno viral, conseguindo ingresar á listaxe Argentina Hot 100 de Billboard.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nicki Nicole naceu en Rosario, Santa Fe, no seno dunha familia de clase media, manifestando interese pola música desde unha idade temperá.[4] Cursou a secundaria no colexio Francisco de Gurruchaga, e seguiu a orientación da arte. Segundo ela, aí deuse conta do que quería facer:

Más allá de lo que nos enseñaban, los profesores nos daban valores y lecciones de vida: hablaban de cumplir lo que soñás más allá de lo que quieras hacer. Y eso me motivó, me llevó a estar segura de lo que quiero ser. Lo que pude desarrollar ahí fue la comunicación hacia la otra persona. Yo era una persona mucho más cerrada, tímida. Pero aprendí a ser más abierta a la opinión del resto y a poder charlar con el otro respetando su opinión.
Máis aló do que nos ensinaron, os profesores déronnos valores e leccións de vida: falaban de cumprir o que soñas, máis aló do que queres facer. E iso motivoume, levoume a estar segura do que quero ser. O que puiden desenvolver alí foi a comunicación cara a outra persoa. Eu era unha persoa moito máis pechada, tímida. Pero aprendín a estar máis aberta á opinión dos demais e a poder conversar co outro respectando a súa opinión.
Nicki Nicole[5]

Estudando aprendeu a apreciar a música, o cine, o xornalismo, a produción audiovisual. Adoitaba ir a "batallas" de rap nas que participaban os seus amigos, pero ela non se animaba. Gustáballe practicar freestyle, pero non era boa parándose fronte a alguén a dicirlle cousas, o seu era escribir cancións. “Os meus amigos crecían practicando, perdendo e gañando. Aprendín a paciencia que hai que ter cando fallamos e gañamos. Non era boa nas competicións, pero facendo freestyle empecei a ter máis facilidade para facer cancións improvisadas no estudo, todo era máis fácil”, lembrou.[6]

A opinión da súa nai foi para ela unha prioridade ao momento de decidirse a facer o que lle gustaba. O seu temor a que a ela non lle gustase o que facía levouna a confesarlle que se non tiña o seu apoio non ía facer nada porque nunca estaría feliz: "Por máis que a outras persoas lles gustase a miña música, ela era a miña prioridade", dixo en 2020.[7] Di inspirar as súas cancións en situacións cotiás, instrúese aprendendo doutros artistas, ama a poesía e é fan do cine.[7] Afirma que ten moi claro que grazas a mulleres que no pasado abriron o camiño para que lles dean a mesma atención que aos homes, e que ela logrou chegar onde está; e a partir de aí desexa á súa vez ser inspiración para que máis nenas busquen cumprir os seus soños artísticos: "Sen darnos conta os artistas somos exemplo e referente ou inspiración para cada nena. Por nós inspíranse para que calquera moza saiba que pode estar onde estou só por querer buscar un soño".[7][8]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

2018–2019: Inicios musicais[editar | editar a fonte]

Segundo relatou o seu primeiro produtor, Gonzalo Ferreyra, estaba en 2018 na procura de novos artistas e ao ir a unha festa chamada Boom Trap Party nun bar de Corrientes e Urquiza, Rosario, quedou fascinado coa súa voz, a maneira en que cantaba, como estaba vestida e o seu estilo. A pesar de que non tiña idea de quen era, esa noite escribiulle ao Instagram dicíndolle que lle encantaría producila.[9] Naquel entón, Nicki cantaba a dúo con Jonavi, así que Ferreyra gravoulles as cancións «No puede seguir» e «Ahora quiere volver». Posteriormente a cantante optou por unha carreira musical como solista e o dúo disolveuse.[10]

En abril de 2019, lanzou a canción «Wapo Traketero» coa produción musical de Gonzalo Ferreyra e a produtora audiovisual Cocodrilo P&B logrando millóns de reproducións en dous meses.[11][12][13] O vídeo foi filmado nos arredores de Rosario. En agosto do mesmo ano, Nicole uniuse co produtor arxentino Bizarrap na súa Music Session, a canción obtivo moita fama logrando entrar ao Arxentina Hot 100 de Billboard, ingresando ao top 3 da lista.[14][15] O 23 de agosto, lanzou unha nova canción titulada «Años luz», producida novamente por Ferreyra, e un vídeo musical de estilo minimalista realizado por Crocodilo P&B. O vídeo logrou ser tendencia alcanzando máis dun millón de reproducións en moi poucas horas en YouTube.[16] En novembro de 2019, estreou o seu álbum debut Recuerdos, o cal logrou debutar no posto número 89 de iTunes en Arxentina.[17]

2020-2021: Colaboracións[editar | editar a fonte]

En maio de 2020, a cantante lanzou «Colocao», coa cal logrou obter máis dun millón de visitas en YouTube en menos de 24 horas.[18] Nunha reportaxe, en xullo do 2020, afirmou que as súas creacións son un “50 e 50” entre freestyle e a composición propiamente dita e que lle gusta mesturar, absorber e desenvolver todo o que le e ve. Segundo Mavi Díaz, fundadora das lendarias Viuda e hijas de Roque Enroll e adestrador vocal de Nicki: “Ten un talento sobrenatural, é moi creativa, vai compoñendo mentres vai gravando: arma un universo vocal coa maneira de expresar palabras que se inventa, mesturas de palabras en inglés que as trae ao castelán, cunha forma ás veces ata un pouco xitana ou latina. Segundo Nicki, Mavi axudouna moito e o primeiro que lle dixo foi: "A idea é marcar a identidade da voz dun, non levala a cantar como outro", e aprendeu moito dela en base a todo o que Mavi viviu da música. Nicki considera que Mavi acompañouna moito tempo cando estivo lonxe da súa nai e sinte un gran afecto por ela.

En xullo de 2020, lanzou en colaboración con Trueno e Bizarrap a canción «Mamichula». Esta situouse no primeiro lugar da lista Hot 100 Arxentina de Billboard.[19][20] En pouco máis dun mes, o vídeo oficial da canción superou as 100 000 000 de visualizaciones en YouTube.[21] En setembro dese ano, publicou o sinxelo «Mala Vida», cun vídeo dirixido por Jessica Praznik, inspirado no Padriño e ambientado na década de 1940.[7] Inmediatamente despois do lanzamento do seu último sinxelo, «Mala Vida», recibiu un nomeamento aos premios Latin Grammy a Mellor Artista Novo, compartindo categoría con outros catro artistas arxentinos: Wos, Cazzu, Nathy Peluso e Conociendo Rusia.[7][22][23] En decembro, estreou «Verte» xunto a Dread Mar I e Bizarrap, cun vídeoclip dirixido por “La Polaca” Praznik. Respecto este sinxelo, a cantante dixo: “Foi das colaboracións que máis soñei. Dread Mar I sempre estaba a soar na miña casa, a miña nai e os meus irmáns escoitaban a súa música. O feito de que Bizarrap a produza tamén é algo moi inesperado".[24]

En xaneiro de 2021, participou no lanzamento do remix «Ella no es tuya» xunto a Rochy RD e Myke Towers.[25] En febreiro, obtivo un galardón nos Premios Lo Nuestro a Revelación Artista Feminino.[26] En marzo, a cantante colaborou con No Te Va Gustar, banda de rock uruguaia, no sinxelo «Venganza», un tema contra a violencia de xénero.[27] Ese mesmo mes, publica o primeiro sinxelo do seu próximo álbum de estudo, «No toque mi naik», xunto ao cantante portorriqueño Lunay.[28] En abril presentouse en The Tonight Show, programa da televisión estadounidense presentado por Jimmy Fallon, interpretando «Wapo traketero» e «No toque mi naik» xunto a Lunay.[29] O 29 de abril, a cantante uniuse á canción de Pedro Capó e Da Ghetto en «Tú fanático remix».[30]

En xuño de 2021, xunto a Bizarrap e Duki gravan en Miami o track Ya Me Fui; e o 28 de outubro, lanzou o seu segundo álbum "Parte de mi", colaborando con grandes artistas como Trueno, Rauw Alejandro ,Tiago PZK, Nathy Peluso, Becky G e Bizarrap entre outros.

O 3 de decembro de 2021, sacou unha canción en colaboración con Aitana Ocaña chamada Formentera. Confirmou a súa saída no programa televisivo El Hormiguero por Pablo Motos o 29 de novembro de 2021.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudo[editar | editar a fonte]

  • 2019: Recuerdos
  • 2021: Parte de mí

Xiras musicais[editar | editar a fonte]

Como solista[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Ano Premio Categoría Traballo nomeado Resultado Ref.
2019 Premios Martín Fierro Dixital Mellor artista musical Ela mesma Nomeada [31]
2020 Spotify Awards Artista radar Nomeada [32]
Artista radar trap en español Gañadora [33]
Artista máis escoitada en consolas Gañadora
Premios Gardel Mellor Novo Artista Recuerdos Nomeada [34]
Mellor álbum ou canción trap/urbana Nomeada
Mellor Colaboración Trap/Urbana «Shorty» (con Duki) Nomeada
MTV Europe Music Awards Mellor artista América do Sur Ela mesma Nomeada [35]
Premios Grammy Latinos Mellor novo artista Nomeada [36]
Premios Quiero Mellor vídeo artista feminino «Diva» Nomeada [37]
Mellor vídeo rap/trap/hip hop «Colocao» Nomeada
«Mamichula» (con Trueno) Gañadora
Vídeo do ano Nomeada
LOS40 Music Awards Artista ou grupo revelación Ela mesma Nomeada [38]
2021 Premios Lo Nuestro Artista revelación feminino Gañadora [39]
Vídeo do ano «Mala vida» Nomeada [40]
Premios Heat Latin Music Awards Artista revelación Ela mesma Nomeada [41]
Mellor artista rexión sur Nomeada
Mellor colaboración «Ella no es tuya (Remix)» (con Rochy RD e Myke Towers) Nomeada
MTV Millennial Awards Artista máis escoitado na Arxentina Ela mesma Nomeada [42]
Premios Juventud A nova xeración – feminina Nomeada [43]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garré, Walter (7 de novembro de 2019). "Así suena “Recuerdos”, el álbum debut de Nicki Nicole". Billboard (en español). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  2. "CMTV - Biografía de Nicki Nicole". CMTV (en español). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  3. "Conocé a Nicki Nicole: la rosarina que con un solo tema llegó al #1 de YouTube". TN (en castelán). 15 de agosto de 2019. Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  4. "CMTV - Biografía de Nicki Nicole". Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  5. Ruiz, Ezequiel (21 de xullo de 2020). "Nicki Nicole: “Lleva mucha presión ser alguien de un día para el otro”". Infobae. Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  6. "La centennial desconocida que coquetea con los Latin Grammy: esta es la historia de cómo en un año alcanzó el éxito - AMP - La Nación". Consultado o 2021-04-12. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "La nominación al Latin Grammy llega tras el reciente sencillo de Nicki «Mala Vida»" En Paralelo32.com.ar, 13/10/2020
  8. Nicki Nicole y Argentina rumbo al Latin Grammy, entrevista de Mariela Encarnación CNN en español; 20/10/2020
  9. "Nicki Nicole se lleva el mundo por delante, todas quieren ser ella". 19 de xullo de 2020. Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  10. "Nicki Nicole rechaza el título de princesa". 26 de setembro de 2020. Consultado o 31 de outubro de 2020. 
  11. "Cocodrilo P&B, la productora detrás del fenómeno Nicki Nicole". Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  12. "¿Quién es Nicki Nicole?: la joven argentina que revolucionó el trap" (en español). Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  13. Russo, Hernán (17 de agosto de 2019). "Nicki Nicole, la trapera que con un solo single llegó a ser tendencia #1 en Youtube" (en español). Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  14. "Bizarrap presentó su sesión con Nicki Nicole y ya es furor en YouTube" (en español). 14 de agosto de 2019. Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  15. "BillBoard Hot 100 Argentina" (en español). 24 de agosto de 2019. Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  16. "Con su potente voz, en "Años luz" Nicki le canta al amor y entona Tu y yo estamos a años luz, pero aún así siempre cerquita del sol". tn.com.ar. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  17. "Nicki Nicole adelantó lo que será la tapa de su primer disco". 5 de novembro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  18. "EN TAN SOLO UNA SEMANA EL NUEVO SINGLE DE NICKI NICOLE SE CONVIERNTE EN LA CANCIÓN MÁS ESCUCHADA DE ARGENTINA “COLOCAO”". 21 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  19. "Chart History - Mamichula". Billboard. Consultado o 11 de agosto de 2020. 
  20. "BILLBOARD ARGENTINA HOT 100 - August 1, 2020". Billboard. Consultado o 11 de agosto de 2020. 
  21. "Trueno, Nicki Nicole, Bizarrap - MAMICHULA". Wayback Machine. 31 de xullo de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  22. Nicki Nicole y Argentina rumbo al Latin Grammy, entrevista de Mariela Encarnación CNN en español; 20/10/2020
  23. Grammy Latinos 2020: Wos, Nicki Nicole, Fito Páez, Duki y todos los artistas argentinos nominados, por Micaela Cannataro As, sección Tikitacas 30/09/2020
  24. Nicki Nicole se une junto a Dread Mar I y Bizarrap en “Verte” su nuevo single Billboard. 11/12/2020
  25. "Rochy RD, Nicki Nicole y Myke Towers se unen en “Ella No Es Tuya Remix”" (en castelán). 2021-02-04. Consultado o 2021-02-05. 
  26. "Premio Lo Nuestro: Conoce a los ganadores" (en castelán). 2021-02-19. Consultado o 2021-02-19. 
  27. "No Te Va Gustar y Nicki Nicole cantan juntos al ritmo de "Venganza"" (en castelán). 2021-03-05. Consultado o 2021-03-05. 
  28. Rotemberg, Victoria (2021-03-25). ""No toque mi Naik", el primer adelanto del próximo disco de Nicki Nicole con colaboración internacional" (en castelán). Consultado o 2021-03-25. 
  29. "Nicki Nicole brilló en el programa de Jimmy Fallon e hizo historia | La rosarina se convirtió en la primera argentina en presentarse en The Tonight Show". Consultado o 2021-04-28. 
  30. "Nicki Nicole vuelve a ser noticia, ahora junto a Pedro Capó - Fm Córdoba - FM Córdoba". Consultado o 2021-04-30. 
  31. "Todos los ganadores de los premios Martín Fierro Digital 2019". Infobae. 21 de decembro de 2019. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  32. Loreiro, Gabriela (2020-03-02). "Londra y Nicki Nicole, nominados en tres categorias de los Premios Spotify" (en castelán). Consultado o 2021-02-19. 
  33. "Nicki Nicole, la rosarina de 19 años que representó a la Argentina y ganó dos Premios Spotify". 6 de marzo de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  34. "Nominados Premios Gardel 2020, lista completa" (PDF). 
  35. Rotemberg, Victoria (2020-10-08). "Nicki Nicole y todos los nominados a los MTV EMA 2020" (en castelán). Consultado o 2021-01-18. 
  36. "Nicki Nicole y Argentina rumbo al Latin Grammy | Video" (en castelán). Consultado o 2021-01-18. 
  37. "Quiero Música - PREMIOS QUIERO". 2020-10-16. Consultado o 2021-01-18. 
  38. ARGENTINA, LOS40 (2020-10-15). "LOS40 Music Awards 2020: ¡Votá a los artistas nominados!" (en castelán). Consultado o 2021-01-18. 
  39. "Ganadores Premios Lo Nuestro 2021. Lista completa" (en castelán). Consultado o 2021-02-19. 
  40. "Premios lo Nuestro: conocé a los artistas más nominados y cuáles son las candidatas argentinas". 2021-01-13. Consultado o 2021-02-19. 
  41. "ELESPECTADOR.COM". 2021-04-23. Consultado o 2021-04-25. 
  42. Padenzi, Josefina (2021-06-07). "Lista completa de nominados a los Premios MTV MIAW 2021". Consultado o 2021-06-07. 
  43. "Lista completa de nominados a Premios Juventud 2021". 2021-06-15. Consultado o 2021-06-15.