New-York Tribune
New-York Tribune | |
---|---|
Fundación | 1841 |
Lingua | lingua inglesa |
Localidade | Nova York |
ISSN | 1941-0646 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O New-York Tribune, tamén escrito New York Tribune, foi un xornal estadounidense do século XIX e XX, publicado entre 1841 e 1966.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Foi fundado por Horace Greeley como un xornal de centavos do Partido Whig o 10 de abril de 1841.[1] Entre 1842 e 1866, o xornal chamouse New-York Daily Tribune[1] mais, posteriormente, recuperou o nome orixinal. O Tribune non só daba a coñecer as noticias de sucesos diarios, senón que abarcaba tamén temas como a opinión política, obras literarias, reformismo social e diversos logros intelectuais.[2]
Tivo como colaboradores, entre outros, ao caricaturista de charge política Thomas Nast e ao filósofo e economista comunista Karl Marx. Durante a década de 1850 e comezos da década de 1860, Marx escribiu unha serie de artigos para este diario desde Londres. Estes artigos abordaban cuestións europeas e análises políticas, entre elas os artigos recollidos en Revolutionary Spain onde menciona a Galiza en diversas ocasións.[3][4] Outra colaboradora destacada foi Margaret Fuller, a primeira muller en exercer a crítica literaria nun medio de comunicación de masas.
Horace Greeley, a través do Tribune, apoiou os inicios do Partido Republicano.[5] En 1860 o Tribune apoiou a Abraham Lincoln como presidente dos Estados Unidos e durante a Guerra civil estadounidense. Porén, o xornal opúxose á súa reelección en 1864.[1] Durante algún tempo o xornal tivo a maior tirada nos Estados Unidos.[5] Os editoriais do Tribune foron moi lidos e axudaron a dar forma á opinión pública nos Estados Unidos.
Xornal | The Sun | New York Herald | New-York Tribune | The Express | Courier and Enquirer | Journal of Commerce |
---|---|---|---|---|---|---|
Tiraxe en 1850[6] | 55 000 | 32 640 | 19 480 | 10 700 | 5 200 | 4 800 |
Século XX
[editar | editar a fonte]En 1924, baixo a dirección do fillo do fundador, Ogden Mills Reid, fusionouse co seu rival New York Herald para formar o New York Herald Tribune. que seguiu sendo dirixido por Ogden Mills até a súa morte en 1947. Seguiu sendo un importante diario dos Estados Unidos até que rematou a súa publicación en 1966.[7]
Antigos edificios do Tribune na actualidade
[editar | editar a fonte]- O New York Tribune Building foi a primeira casa da Universidade Pace. O lugar onde estaba o edificio eestá ocupado nestes momentos polo complexo One Pace Plaza do campus de Nova York da Universidade de Pace. A residencia e hospital privado do doutor Choate, onde morreu Horace Greeley, forman hoxe parte do campus da Universidade Pace en Pleasantville, Nova York.
- O 15 de decembro de 1921, The New York Tribune comprou dous terreos nos 219 e 220 West 40th Street. A sede que The New York Tribune construíu nese lugar é agora a sede da facultade de periodismo da Universidade de Nova York.
Arquivos
[editar | editar a fonte]AS copias dos números do New-York Tribune están dispoñibles en microfilme en moitas bibliotecas grandes dos Estados Unidos e tamén está en liña na Biblioteca do Congreso,[1] onde tamén están os índices de anos determinados de finais do século XIX.Os artigos orixinais se conservan no Centro de Historia Americana da Universidade de Texas en Austin.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Humanities, National Endowment for the. "New-York tribune. [volume]". ISSN 1941-0646. Consultado o 2023-09-15.
- ↑ "Greeley". Tulane.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2007. Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ Marx, Karl; Engels, Friedich (2017-01-01). La Revolución española (en castelán). Ediciones AKAL. ISBN 978-84-460-4417-8.
- ↑ "Revolutionary Spain: Karl Marx". libcom.org (en inglés). Consultado o 2023-09-15.
- ↑ 5,0 5,1 Adam-Max Tuchinsky, Horace Greeley's New-York Tribune: Civil War-era Socialism and the Crisis of Free Labor (Ithaca, NY: Cornell University Press, 2009), pp. 11–12
- ↑ Schwarzlos (1999), p. 125
- ↑ "Elephind.com — New-York tribune.". www.elephind.com. Consultado o 2023-09-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Schwarzlos, Richard Allen (1989). The Nation's Newsbrokers (en inglés). Volume I (The Formative Years: From Pretelegraph to 1865). Evanston, IL: Northwestern University Press. ISBN 978-0-8101-0818-9.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: New-York Tribune |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |