Neurobioloxía
A neurobioloxía é unha ciencia derivada da bioloxía que estuda as relacións nerviosas nos seres vivos dende unha perspectiva de interacción con outras partes dun ser vivo.
Termo
[editar | editar a fonte]Ás veces, o termo neurobioloxía, a rama da bioloxía que investiga todos os aspectos do cerebro e do sistema nervioso é empregado como sinónimo de neurociencia ou neurociencias[1][2]. Outras veces o termo aplícase como disciplina derivada da bioloxía e da neurociencia. Diferénciase, neste sentido, por ser a neurociencia un campo máis amplo relacionado con calquera estudo científico do sistema nervioso, e das disciplinas acubilladas nela como a neurociencia computacional, a neurociencia cognitiva, a neurociencia do comportamento, a psiquiatría biolóxica, a neuroloxía ou a neuropsicoloxía, aínda a pesar de solaparse ás veces. Os temas e a maneira de aproximarse aos mesmos son de natureza interdisciplinar, multidisciplinar e transdisciplinar.
Algúns científicos distinguen o termo neurociencias do mundo anglófono (neuroscience) usado máis como sinónimo de neurobioloxía (neurobiology)[3] e o empregado en Iberoamérica[4], existindo certa controversia coa terminoloxía de raíz similar (por exemplo psiquism/psiquismo[5]).
Campo de estudo
[editar | editar a fonte]A neurobioloxía estuda as células do sistema nervioso e a organización destas células dentro de circuítos funcionais que procesan a información e median no comportamento.[6]
As propiedades básicas, actividade e regulación das correntes de membrana, a plasticidade sináptica, a neurotransmisión, a neuroxénese, a sinaptoxénese e as canles iónicas das células son algúns campos estudados polos neurobiólogos.[7][8] A anatomía celular e a subcelular estúdanse para dar unha visión do retardo mental no Mental Retardation Research Center (MRRC).[9] Revistas como Frontiers in Cellular Neuroscience ou Molecular and Cellular Neuroscience publican sobre temas de neurobioloxía.[10][11]
Neurobiólogos
[editar | editar a fonte]Os científicos que estudan a neurobioloxía chámanse neurobiólogos, como por exemplo María Domínguez Castellano, Vladimir Bexterev ou o divulgador galego Xurxo Mariño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "¿Cuál es la diferencia entre neurociencia, neurobiología, neuroingeniería y neuropsicología?". La tecnología cambia la vida futura – Gobetech.com (en inglés). Consultado o 2022-07-09.
- ↑ "bUSCatermos; neurobioloxía". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-09.
- ↑ "Neuroscience : Neurobiology -BS". www.artsci.uc.edu/interdisciplinary-studies/neuroscience. Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ "Diferencias entre neurociencias anglófonas y neurobiología iberoamericana: del desencuentro a la comprensión". www.researchgate.net ; CROCO, Mario (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ Florido, Antonio (2017-09-04). "Diferencias entre neurociencias anglófonas y neurobiología iberoamericana, Viñeta 4: Diferencias acerca del concepto objetivo de psiquismo". El Acento (en castelán). Consultado o 2022-07-09.
- ↑ Shepard, G. M. (1994). Neurobiology. 3rd Ed. Oxford University Press. ISBN 0-19-508843-3
- ↑ "Cellular Neuroscience". web.archive.org. 2008-05-13. Archived from the original on 13 de maio de 2008. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ "Cellular Neuroscience Group". web.archive.org. Archived from the original on 13 de agosto de 2009. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ "Wayback Machine". web.archive.org. 2008-10-07. Archived from the original on 07 de outubro de 2008. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ "Archive of "Frontiers in Cellular Neuroscience".". www.ncbi.nlm.nih.gov. Consultado o 2020-12-07.
- ↑ "Molecular and Cellular Neuroscience - Journal - ScienceDirect.com by Elsevier". www.sciencedirect.com (en inglés). Consultado o 2020-12-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neurobioloxía |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |