Nazario Pin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNazario Pin
Biografía
Nacemento1942 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Ribeira de Piquín, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Monforte de Lemos
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Nazario Pin Fernández, nado en Ribeira de Piquín en 1942, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor de Educación Física no IES Río Cabe de Monforte. Foi candidato de Alianza Popular ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo nas autonómicas de 1985, non resultou elixido, pero tomou posesión como deputado o 13 de maio de 1986 substituíndo a Antonio Rosón. Foi elixido parlamentario nas eleccións autonómicas de 1989 e volveu ser elixido nas autonómicas de 1993. Encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia en Monforte de Lemos nas municipais de 1995 e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 conseguiu manterse á fronte do goberno local por moi poucos votos, e tiveron que repetirse as votacións en varias mesas por decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao detectarse irregularidades. Nas municipais de 2003 perdeu de forma moi contundente a maioría absoluta, ante o cal intentou apoiar á candidata de Iniciativa Galega para evitar que o seu partido perdese o poder en favor do BNG e do PSdeG. Pese a que a candidata e membros da formación independente aceptaron o apoio a cambio de importantes inversións da Xunta de Galicia en Monforte, o número 2 e exalcalde Celestino Torres rexeitou acordo algún co PPdeG, ante o cal apoiou ao candidato do BNG Severino Rodríguez Díaz xunto co PSdeG, pasando á oposición os populares.[1]


Predecesor:
José Castiñeira Puente
 
Alcalde de Monforte de Lemos
 
1995 - 2003
Sucesor:
Severino Rodríguez Díaz

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]