Nación Navajo
Coordenadas: 36°11′13″N 109°34′25″O / 36.18694, -109.57361
Navajo Nation Naabeehó Bináhásdzo (Diné Bikéyah) | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: [[Ningún "Dah Naatʼaʼí Sǫʼ bił Sinil" usado en ocasións]] | |||
Capital • Poboación | Window Rock (Tségháhoodzání) | ||
Lingua oficial | |||
Forma de goberno | Consello da Nación Navajo | ||
Presidente Vicepresidente | Russell Begaye Johnathon Nez | ||
• Total | 71.000 km² | ||
• Total | 300 048 (2011), membros da tribo hab. | ||
• Densidade | 4,2 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
Moeda | USD ($) | ||
Xentilicio | navajo | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | Non asignado | ||
Prefixo telefónico | n/d | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | n/d | ||
A Nación Navajo[1] (en navajo: Naabeehó Bináhásdzo) é un territorio nativo americano semiautónomo habitado polo pobo navajo. Abrangue 71.000 km2, ocupando anacos do nordeste de Arizona, sueste de Utah e noroeste Novo México. É a meirande área asignada principalmente baixo a xurisdición nativa americana dos Estados Unidos.
Nome[editar | editar a fonte]
En inglés, o nome inicial da zona era "Navajo Indian Reservation" ("Reserva India Navajo"), gobernado dende 1923 polo "Consello tribal Navajo". O 15 de abril de 1969, o nome oficial no escudo utilizado polo goberno foi cambiado a "Navajo Nation" (Nación Navajo), indicando que a partir dese día "toda a correspondencia, inmóbil [sic], papel de carta [...] da tribo Navajo utilizaría a denominación Nación Navajo para identificar a tribo".[2] En 1994, unha proposta de cambiar a designación oficial de "Navajo" a "Diné" foi rexeitada polo consello. Eles dixeron que o nome Diné representaba o tempo de sufrimento antes da Longa marcha, e o termo Navajo é a axeitada designación para o futuro.[3]
En navajo, a entidade xeográfica cos límites fronteirizos delimitados é coñecido como "Naabeehó Bináhásdzo". Isto contrasta con "Diné Bikéyah" e "Naabeehó Bikéyah" para a idea xeral de "Navajoland".[4] Ningunha das designacións debería ser confundida con "Dinétah", o termo usado para o fogar tradicional do pobo Navajo, situado na área entre as montañas Dookʼoʼoosłííd (San Francisco Peaks), Dibé Ntsaa (Hesperus Mountain), Sisnaajiní (Blanca Peak) e Tsoodził (Mount Taylor).
Historia[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Pobo navajo.
Despois da Longa Marcha e o retorno dos navajo dende o seu encarceramento en Bosque Redondo, a "Navajo Indian Reservation" estableceuse no Tratado de 1868. As fronteiras foron definidas polo paralelo 37º polo norte, a liña de Fort Defiance polo sur, Fort Lyon polo leste e meridiano 109° 30′ polo oeste.[5] Malia que o tratado proporcionaba preto de cen millas cadradas no Territorio de Novo México, o tamaño actual do territorio era de 1.346.916 hectáreas[5]—un pouco máis da metade. Esta peza inicial da terra represéntase no deseño da bandeira da Nación Navajo por un rectángulo de cor marrón escuro.[6]
Porén, debido ó feito de que non había límites físicos ou paneis de sinalización fixáronse no seu lugar, moitos navajos ignoraron estes límites formais e volveron ó lugar onde os tiñan en catividade.[5] Unha significativa poboación navajo aínda reside ó longo de Little Colorado e Colorado Rivers así como en Naatsisʼáán (Navajo Mountain), nunca sufriron nos campos de concentración en Hwéeldi (Ft. Sumner).
A primeira expansión do territorio ocorreu o 28 de outubro de 1878, cando o Presidente Rutherford Hayes asinou unha orde executiva aumentando os límites 20 millas cara o oeste.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Entrada navajo en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 07 de decembro de 2016.
- ↑ "Navajo oppose name change", Indian Country Today, 12 de xaneiro de 1994
- ↑ Young, Robert W & William Morgan, Sr. The Navajo Language. A Grammar and Colloquial Dictionary. University of New Mexico Press. Albuquerque, NM: 1987.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Iverson, Peter & Monty Roessel. Diné: A History of the Navajos. University of New Mexico Press. Albuquerque, NM: 2002. page 68ff.
- ↑ History. Arquivado 17 de abril de 2021 en Wayback Machine. Government of the Navajo Nation. Consultado o 20 de maio de 2018.