Nāga saṃyutta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nāga saṃyutta
Volumes dunha edición canon pali
LinguaPali
ColecciónCanon pali
Tema(s)Budismo
Precedido porSāriputta saṃyutta (Discursos sobre Sāriputta)
Seguido porSupaṇṇa saṃyutta (Discursos sobre os garuḍas)
editar datos en Wikidata ]
Representación dun nāga nun templo de Phnom Penh (Camboxa)
Representación dun nāga nun templo de Phnom Penh (Camboxa)

O Nāga saṃyutta ou Discursos sobre os nāgas é un texto budista do canon pali. Trátase do vixésimo noveno saṃyutta do Saṃyutta nikāya, e forma parte do Khandha vagga.[1][2][3] O seu contido refírese aos nāgas, unhas deidades con forma de serpe da mitoloxía budista.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Situación no canon pali[editar | editar a fonte]

O Nāga saṃyutta forma parte do Khandha vagga, a terceira sección do Saṃyutta nikāya ou Volume dos discursos ligados.[4] Este, á súa vez, é o terceiro dos cinco nikāyas do Sutta piṭaka ("Cesto dos suttas"), o segundo conxunto de textos do canon pali.[4]

En concreto, o Nāga saṃyutta atópase entre o Sāriputta saṃyutta (Discursos sobre Sāriputta) e o Supaṇṇa saṃyutta (Discursos sobre os garuḍa).[4]

Composición[editar | editar a fonte]

O libro está composto dun total de cincuenta suttas.[3] Os suttas do once ao vinte, e do vinte e un ao cincuenta están abreviados nun único discurso.[3] Os seus títulos son os seguintes:[3]

Numeración Títulos
1 Suddhika sutta
2 Paṇītatara sutta
3 Uposatha sutta
4 Dutiyauposatha sutta
5 Tatiyauposatha sutta
6 Catutthauposatha sutta
7 Suta sutta
8 Dutiyasuta sutta
9 Tatiyasuta sutta
10 Catutthasuta sutta
11-20 Aṇḍajadānūpakārasuttadasaka
21-50 Jalābujādidānūpakārasuttattiṃsaka

Contidos[editar | editar a fonte]

Resumo[editar | editar a fonte]

O Nāga saṃyutta ofrece unha descrición da natureza dos nāgas, un tipo de deidade serpentina da mitoloxía budista.[5] Na obra, o buda explica o nacemento destas criaturas e a súa xerarquía, así como as razóns polas que un pode reencarnarse nelas.[3]

Nacemento dos nāgas[editar | editar a fonte]

Segundo o texto, os nāgas nacen de catro maneiras posibles: a partir de ovos, dun útero, da humidade, ou por xeración espontánea.[6] Isto permite clasificalos en catro ordes, da máis limitada (nados a partir de ovos) á máis libre (nados por xeración espontánea).[3][7] Estes últimos son descritos coma felices, fermosos e de longa vida.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nāgasaṃyuttaṃ - Khandhavagga - Saṃyutta - Sutta - Tipiṭaka (Mūla) - Pāḷi Tipiṭaka (Pali Tipitaka)". tipitaka.online-dhamma.net. Consultado o 2024-02-18. 
  2. "Samyutta Nikaya - Tibetan Buddhist Encyclopedia". tibetanbuddhistencyclopedia.com. Consultado o 2024-02-18. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Index to SN 3.29: The Naga Samyutta Suttas". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-18. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Index of the Vaggas and Their Samyuttas of the Samyutta Nikaya". obo.genaud.net. Consultado o 2024-02-18. 
  5. "Naga Samyutta". Sutta Central (en inglés). Consultado o 2024-02-18. 
  6. "Saṃyutta nikāya, 29.1". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-18. 
  7. "Saṃyutta nikāya, 29.2". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-18. 
  8. "Saṃyutta nikāya, 29.21-29.50". SuttaCentral (en inglés). Consultado o 2024-02-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]