Śāriputra
Śāriputra | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 568 a. C. |
Lugar de nacemento | Rajgir |
Falecemento | 484 a. C. |
Lugar de falecemento | Rajgir |
Nacionalidade | Magadha |
Relixión | Budismo |
Ocupación | filósofo e monxe |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Śāriputra (en sánscrito: शारिपुत्र; en tibetano: ཤཱ་རིའི་བུ་, en pali: Sāriputta) (literalmente, "o fillo de Śāri"), nado como Upatiṣya (en pali: Upatissa), foi un dos principais discípulos do Buda. Está considerado o primeiro dos dous discípulos destacados do Buda xunto con Maudgalyāyana . Śāriputra tivo un papel clave como líder no ministerio do Buda e está considerado por moitas escolas budistas como fundamental no desenvolvemento do Abhidharma. Aparece en varias sutras mahayana e nalgunhas é empregado para representar a escola Hinayana do budismo
Śāriputra é recoñecido como un importante e sabio discípulo do Buda, particularmente no budismo Theravada, en que se lle dá un status próximo ao dun segundo Buda. Na arte budista adoita ser representado cunto co Buda, habitualmente á súa dereita. Śāriputra foi coñecido pola súa estrita adherencia as regras monásticas budistas, así como pola súa sabedoría e habelencia para o ensino, o que lle proporcionou o título de "Xeneral do Dharma" (en sánscrito: Dharmasenapati; en pali: Dhammasenāpati). Śāriputra está considerado o discípulo do Buda máis sabio. A súa equivalente feminina foi Kṣemā.
Traxectoria =[editar | editar a fonte]
Śāriputra naceu nunha familia de brahmáns nos arredores de Rajagriha, capital do antigo reino indio de Magadha.[1][2][3] He is described as having had a "golden complexion".[4][5] Foi amigo de Maudgalyāyana dende a infancia, e xuntos convertéronse en discípulos de Sanjaya Belattipputta, un asceta e un dos seis mestres non budistas.
Pouco despois da iluminación de Śākyamuni, Śāriputra atopouse en Rajagriha con Aśvajit (un dos discípulos de Śākyamuni).[6] Aśvajit faloulle e explicoulle a lei de causalidade, e Śāriputra quedou tan impresionado polas implicacións destas doutrinas e o comportamento nobre de Aśvajrit que de inmediato quixo converterse en discípulo de Śākya Muni. Maudgalyāyana seguiu o seu amigo e xuntos levaron os 250 restantes discípulos de Sanjaya á Orde Budista.
Dende os comezos na predicación de Śākyamuni, Śāriputra xunto a Maudgalyāyana foron recoñecidos como os principais discípulos deste. Cando Devadatta provocou un cisma dentro da Orde Budista e levou con el uns cincocentes monxes, foron Śāriputra e Maudgalyāyana quen refutaron Devadatta e convenceron os cincocentos monxes para que regresasen xunto a Śākyamuni.
Śāriputra en particular era altamente estimado por Śākyamuni ata o punto de que Śākyamuni Buda o consideraba o seu sucesor. Isto non chegou a suceder, xa que Śāriputra caeu enfermo e faleceu meses antes de que finase Śākyamuni na súa vila natal de Nalaka.[7][8] Segundo o Canon Pāḷi, Śāriputra morreu tras lograr o paranirvāṇa,[7][9] e cando o seu axudante Cunda, lle comunicou o feito a Ānanda, este se conmoveu moito. El contou a noticia a Buda, quen permaneceu en paz e recriminou a reacción de Ānanda:[10]
Nos sutras mahāyāna[editar | editar a fonte]
No Sutra do Loto, só Śāriputra constitúe o primeiro grupo dos tres «dos que escoita a voz», porque entendeu as ensinanzas do Buda, debido a que comprendeu a intención do Buda ao escoitalo predicar o verdadeiro aspecto de todos os fenómenos no capítulo «Medios Hábiles do Sutra do Loto». Máis adiante, no capítulo «Similitudes e parábolas» predise que el alcanzará a iluminación nunha futura existencia e será coñecido como o Buda da Flor Brillante.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Hecker & Nyanaponika Thera 2003, p. 521.
- ↑ Silk 2019, p. 410.
- ↑ Sayadaw 1990.
- ↑ Shaw 2013, p. 458.
- ↑ Shaw 2006, p. 36.
- ↑ Hecker & Nyanaponika Thera 2003, p. 51-53.
- ↑ 7,0 7,1 Silk 2019, p. 414.
- ↑ Migot 1954, p. 473-474.
- ↑ Hecker & Nyanaponika Thera 2003, p. 106-107.
- ↑ SN 47.13, the Cunda Sutta
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Śāriputra ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Brekke, Torkel (2007-01-01). Bones of Contention: Buddhist Relics, Nationalism and the Politics of Archaeology. Numen (en inglés) 54. pp. 270–303. ISSN 1568-5276. doi:10.1163/156852707X211564.
- Berger, Patricia Ann (1994). Latter Days of the Law: Images of Chinese Buddhism, 850 - 1850 ; [exhibition, August 27 - October 9 1994 ...] (en inglés). University of Hawaii Press. ISBN 978-0-8248-1662-9.
- Bodhi, Bhikkhu; Dhamma, Rewata (1993). A comprehensive manual of Abhidhamma : the Abhidhammattha sangaha of Ācariya Anuruddha (1st BPS Pariyatti ed.). BPS Pariyatti Edition. ISBN 978-1-928706-02-1.
- Buswell, Robert E. Jr. (2004). Encyclopedia of Buddhism (PDF). Nova York: Macmillan Reference, USA. ISBN 0-02-865718-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2018. Consultado o 10 de abril de 2020.
- Buswell, Robert E. Jr.; Lopez, Donald S. Jr. (2013). Princeton Dictionary of Buddhism. (PDF). Princeton, NJ: Princeton University Press. ISBN 978-0-691-15786-3.
- Carus, Paul (1905). Ashvajit's Stanza and Its Significance. Open Court 3.
- Conze, Edward (1983). The perfection of wisdom in eight thousand lines & its verse summary (PDF) (Third printing, 1983 ed.). Four Seasons Foundation. ISBN 978-0877040484.
- Conze, Edward (1975). The large sutra on perfect wisdom : with the divisions of the Abhisamayālaṅkāra. University of California Press. ISBN 0-520-05321-4.
- Daulton, J. (1999). Sariputta and Moggallana in the Golden Land: The Relics of the Buddha's Chief Disciples at the Kaba Aye Pagoda (PDF). Journal of Burma Studies 4. pp. 101–128. doi:10.1353/jbs.1999.0002. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2019. Consultado o 10 de abril de 2020.
- Findly, Ellison Banks (2003). Dāna: Giving and Getting in Pali Buddhism (en inglés). Motilal Banarsidass Publ. ISBN 978-81-208-1956-6.
- Hanh, Thich Nhat (2008). Peaceful Action, Open Heart: Lessons from the Lotus Sutra (en inglés). Parallax Press. ISBN 978-1-888375-93-0.
- Harvey, Peter (2013). An introduction to Buddhism: teachings, history and practices (PDF) (second ed.). Nova York: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-85942-4.
- Hecker, Hellmuth; Nyanaponika Thera (2003). Great Disciples of the Buddha: Their Lives, Their Works, Their Legacy (PDF) (en inglés). Simon and Schuster. ISBN 978-0-86171-381-3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2017. Consultado o 10 de abril de 2020.
- Higham, Charles (2004). Encyclopedia of ancient Asian civilizations. Nova York: Facts On File. ISBN 0-8160-4640-9. OCLC 51978070.
- Irons, Edward (2007). Encyclopedia of Buddhism (PDF). Nova York: Facts on File. ISBN 978-0-8160-5459-6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2017. Consultado o 10 de abril de 2020.
- Krey, Gisela (2010-09-04). On Women as Teachers in Early Buddhism: Dhammadinnā and Khemā. Buddhist Studies Review 27. ISSN 0265-2897. doi:10.1558/bsrv.v27i1.17.
- Lopez, Donald S. (1988). The Heart Sūtra explained : Indian and Tibetan commentaries. State University of New York Press. ISBN 9780887065897.
- Lopez, Donald S. (2016). The Lotus Sūtra : a biography. Princeton University Press. ISBN 978-0-691-15220-2.
- Mahathera, Naranda (1998). The Buddha and His Teachings (PDF). Taiwan: Buddha Dharma Education Association Inc. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2018. Consultado o 26 de setembro de 2019.
- Malalasekera, G.P. (1937). Dictionary of Pāli proper names 2 (1st Indian ed.). Delhi: Motilal Banarsidass Publishers. ISBN 81-208-3022-9.
- Malalasekera, Gunapala Piyasena (2007). Dictionary of Pāli Proper Names: N-H (en inglés). Motilal Banarsidass Publishe. ISBN 978-81-208-3022-6.
- Migot, André (1954). Un grand disciple du Buddha: Sāriputra. Son rôle dans l'histoire du bouddhisme et dans le développement de l'Abhidharma [A great disciple of the Buddha: Sāriputra, his role in Buddhist history and in the development of Abhidharma]. Bulletin de l'École française d'Extrême-Orient (en francés) 46. doi:10.3406/befeo.1954.5607.
- Ray, Reginald A. (1994). Buddhist Saints in India: A Study in Buddhist Values and Orientations (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-535061-6.
- Sayadaw, Ven. Mingun (1990). The story of Upatissa (Sāriputta) and Kolita (Mahā Moggallāna) [Part 1]. www.wisdomlib.org. Consultado o 2020-01-17.
- Shaw, Sarah (2013). Emmanuel, Steven M., ed. Character, Disposition, and the Qualities of the Arahats as a Means of Communicating Buddhist Philosophy in the Suttas (PDF). A companion to Buddhist philosophy (first ed.) (Chichester, West Sussex: Wiley-Blackwell). ISBN 978-0-470-65877-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de agosto de 2017. Consultado o 10 de abril de 2020.
- Shaw, Sarah (2006). Buddhist meditation : an anthology of texts from the Pāli canon (PDF). London: Routledge. ISBN 0-203-00731-X. OCLC 70199246. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de setembro de 2018. Consultado o 10 de abril de 2020.
- Silk, Jonathan A. (2019). Brill's encyclopedia of Buddhism Vol Two. Hinüber, Oskar von,, Eltschinger, Vincent,, Bowring, Richard, 1947-, Radich, Michael. Leiden. ISBN 978-90-04-29937-5. OCLC 909251257.
- Thakur, Amarnath (1996). Buddha and Buddhist synods in India and abroad (en inglés). Abhinav Publications. Arquivado dende o orixinal o 2019-12-15. Consultado o 2019-10-31.
- Thomas, Edward J. (1953). The History of Buddhist Thought (PDF). History of Civilization (2nd ed.). London: Routledge and Kegan Paul.
- Wayman, Alex (1997). Untying the Knots in Buddhism: Selected Essays (en inglés). Motilal Banarsidass Publ. ISBN 978-81-208-1321-2.
- The Soka Gakkai Dictionary of Buddhism, ISBN 4-412-01205-0.