Saltar ao contido

Garudá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garudá
 Nome orixinal
    गरुड (sa)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Venerado por
 Semellante a
Obra
 Presente na obra
Biografía
 Sexo
 Inimigo/a
Familia
 Nai
Vinatā (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Pai
 Irmá/n
Aruṇa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF316445870 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0cf6y Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Garudá no escudo nacional de Indonesia.
Garuda, Belur (India).

Garudá é un paxaro mítico, considerado un deus menor (ou semideus) no hinduísmo e no budismo.

Xeralmente é iconizado como unha aguia xigante e antropomórfica: corpo humano de cor dourada, rostro branco, peteiro de aguia e grandes ás vermellas. É moi antigo, enorme e pode tapar a luz do Sol.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Posiblemente Garudá proveña da raíz grī e signifique ‘devorador’, quizais, porque antigamente era identificado co devastador fogo do Sol. Aínda que no alfabeto devanágari non leva ningún acento diacrítico (polo que debería ser grave), a pronunciación aguda /garudá/ provén de tradición oral.[1]

Formas de escrita:

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

É xefe da raza das aves e inimigo da raza das serpentes, vahana do deus Visnú,[2] e fillo de Kashiapa e Vinatā. Segundo o sagrado texto épico Mahábharata, ao nacer Garudá, os deuses aterráronse debido ao seu terrible brillo corporal. Supuxeron que era Agní (o deus do lume) e pedíronlle protección. Logo descubriron que era un bebé, e aínda así loárono como un ser supremo e chamárano Lume e Sol (segundo o Mahábharata, 1. 1239).[2]

Aruná, o amencer personificado e auriga de Suria (o deus do Sol), é irmán máis vello —ou irmán máis novo—[2] de Garudá. Swahá, a esposa de Agnídev (o deus do fogo), adopta a forma dunha Garudī feminina, tamén chamada Suparṇī (segundo o Suparṇādhiāia e o Taittirīia āraṇiaka)[1] para aparearse con Garudá (segundo o Mahábharata, 3. 14307 e 3. 14343).[1]

Garudá, xunto cos rishis, axudou a crebar as hostilidades entre Indra (o rei do ceo) e o piadoso asura (‘demonio’) Vritra.

No Xapón, Malaisia, Indonesia e Tailandia

[editar | editar a fonte]

Considérase que Garudá é a versión malaia do mito da ave Fénix (ser que podía renacer das súas cinzas). Indonesia e Tailandia teñen esta ave como símbolo nacional. A liña aérea nacional de Indonesia chámase Garudā Airlines.

Os xaponeses tamén coñecen a Garudá, a quen denominan Karurá. Din que Garudá comía aos seus inimigos serpentes até que un príncipe budista lle ensinou a importancia do vexetarianismo. Despois Garudá resucitou todas as víboras que comera e dixerira.

Outros Garudá

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Véxase a entrada Garuḍá, que se atopa na metade da terceira columna da páx. 348 Arquivado 14 de maio de 2016 en Wayback Machine. no Sanskrit-English Dictionary do sanscritólogo británico Monier Monier-Williams (1819-1899). (en inglés)
  2. 1 2 3 Segundo Religious Thought and Life in India (Brāhmanism and Hindūism), páx. 104, de Monier Monier-Williams.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]