Canon Pali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estante que conten a edición completa do Canon Pali, na que se integra o Dhammapada.

O Canon Pali, tamén coñecido como Tipitaka, é o tripla conxunto de textos escritos en idioma pali e compostos no norte da India que recollen as ensinanzas de Buda. O texto tal como chegou a nós foi establecido no concilio budista de Sri Lanka o 29 a. de C. Divídese en:

  • Vinaia-pitaka ou regras monásticas
  • Sutta-pitaka ou sermóns atribuídos a Buda, entre os que se encontran os célebres Satipatthana-sutta (Sutra da Atención), Anguttara Nikaia (Sutras numerados) e o Dhammapada (Camiño da ensinanza). Versan sobre a moral e o adestramento mental.
  • Abhidhamma-pitaka ou parte doutrinal e conceptual que fundamenta o budismo