Néboa (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Néboa
XéneroSuspense
Escrito porAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra
Dirixido porGonzalo López-Gallego, Jorge Saavedra e Manu Gómez
Intérpretesvéxase a sección de seu
Lingua(s)castelán
Temporadas1
Episodios8 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Fernanda Tabarés, Mar Díaz
Produtor(es)RTVE, Voz Audiovisual
Emisión orixinal
Primeira emisión15 de xaneiro de 2020
Derradeira emisión4 de marzo de 2020
Ligazóns externas
Ficha na IMDb

Néboa é unha serie de televisión producida pola RTVE e Voz Audiovisual estreada en xaneiro de 2020 na primeira cadea de TVE[1][2].

Argumento[editar | editar a fonte]

Durante a primeira noite de Entroido da illa de Néboa[3] aparece o corpo dunha rapaza adolescente no Burato do Demo,[4] un lugar rodeado de lendas urbanas: xa apareceron na mesma cova os cadáveres asasinados do mesmo xeito en 1919 e 1989. Nos dous casos estes crimes foron o inicio dunha serie de asasinatos durante os oito días das festas do Entroido. Eses asasinatos nunca se resolveron. A crenza popular di que o asasino é o "Urco", un home con cabeza de lobo que sae do mar rodeado de cadeas para levar os vivos e que, ao mesmo tempo, é unha das figuras representativas do Entroido de Néboa. Agora, Mónica e Carmela, dúas investigadoras da Garda Civil, teñen que atopar o verdadeiro asasino antes de que se esgote o tempo.[5]

Néboa é unha illa (ficticia) de 62 quilómetros cadrados situada a 11 quilómetros da costa da Coruña. Os seus 6.673 veciños viven principalmente do mar e o turismo, e a celebración do Entroido é o seu principal atractivo. Á illa só se pode chegar nun barco que fai a travesía dúas veces por día.[6]

É un thriller policial, de crimes, de asasino en serie.[7]

Elenco[editar | editar a fonte]

Principais[8][editar | editar a fonte]

  • Emma Suárez - Mónica. Tenente da UCO especializada en homicidios.
  • Isabel Naveira - Carmela. Sarxento do cuartel de Néboa. Seu pai era tenente cando os crimes do 89.
  • Nancho Novo - Teniente Ferro. Especialista no traballo policial de proximidade.
  • Antonio Durán “Morris” - Antón. Patrón dun dos barcos dos Ulloa.
  • Alba Galocha - Vega. Filla de Mónica.
  • Denisse Peña - Ana. Filla máis vella de Antón e Rosa.
  • María Vázquez - Rosa. Defende os seus intereses e os dos compañeiros da conserveira.
  • Xabier Deive - Gonzalo. Home calmado, reservado e curioso.
  • Denís Gómez - Roque. Marido e Carmela e mellor amigo de Antón.
  • Santi Prego - Alejandro. O cacique do pobo, cabeza de familia dos Ulloa.
  • Eva Fernández - Mara. Vela pola familia dos Ulloa.
  • Carmela Martins - Comba.
  • Nacho Nugo - Gael
  • Jorge Varandela - Roi
  • Santi Cuquejo - Turco

Secundarios[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

A serie anunciouse oficialmente a finais de marzo de 2019 . En maio dese mesmo ano, a rodaxe da serie comezou a confirmar boa parte do elenco final, incluída a protagonista principal, Emma Suárez.[9]  Ademais, anunciouse a trama principal da serie. En agosto de 2019 rematou oficialmente a rodaxe. O mesmo mes comezou a anunciarse en TVE.[10]

Ambientada en Galicia, o thriller gravouse no Cabo Ortegal, Estaca de Bares, O Barqueiro, Ortigueira e Cariño.[11]

Primera tempada[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
Título Director Guionista(s) Data de emisión Audiencia
1 "O Entroido" Gonzalo López-GallegoAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra15 de xaneiro de 20201 573 000 (10,3%)[12]
2 "Rochas" Gonzalo López-GallegoAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra22 de xaneiro de 2020
3 Jorge SaavedraAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra29 de xaneiro de 2020
4 Jorge SaavedraAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra5 de febreiro de 2020
5 Manu GómezAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra12 de febreiro de 2020
6 Manu GómezAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra19 de febreiro de 2020
7 Gonzalo López-GallegoAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra26 de febreiro de 2020
8 Gonzalo López-GallegoAlberto Guntín, Xosé Morais e Víctor Sierra4 de marzo de 2020

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«Néboa» engancha al público en su preestreno". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-14. Consultado o 2020-01-14. 
  2. Fernández, Miguel Anxo (2020-01-15). "«Néboa»: Óptima lección de suspense galaico". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2020-01-16. 
  3. vertele.eldiario.es (2020-01-10). "'Néboa', la nueva serie estelar de TVE, se estrena el miércoles 15 en La 1". vertele (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  4. Onieva, Álvaro (2020-01-12). "La serie ‘Néboa’ llega a TVE el 15 de enero". Medium (en inglés). Consultado o 2020-01-13. 
  5. RTVE, PRENSA (2019-05-22). "Néboa. Emma Suárez protagoniza 'Néboa', el nuevo thriller de RTVE". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  6. RTVE, PRENSA (2020-01-13). "La 1 estrena 'Néboa', su nuevo thriller ambientado en Galicia". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  7. "Néboa (Serie de TV) (2019)" (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  8. RTVE, PRENSA (2019-08-28). "'Néboa', de RTVE, ultima su rodaje en espectaculares localizaciones naturales de la costa gallega". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  9. "TVE comienza el rodaje de 'Néboa' con Emma Suárez de 'prota'". El Televisero (en castelán). 2019-05-22. Consultado o 2020-01-13. 
  10. "'Néboa', la nueva serie de RTVE ambientada en la costa gallega, concluye su rodaje | Cine y Tele" (en castelán). Consultado o 2020-01-13. 
  11. SensaCine. "Néboa". Consultado o 2020-01-13. 
  12. 'El pueblo' se estrena como líder (19,4%) mientras 'Néboa' firma un 10,3% en su debut