Alba Galocha
(2018) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de xaneiro de 1990 Santiago de Compostela, España |
| Actividade | |
| Ocupación | modelo, actriz |
| Familia | |
| Pai | Antón Galocha |
| Irmáns | Artur Galocha Denís Galocha |
| Parentes | Sergio Vallejo, tío materno Diego Vallejo, tío materno |
Alba Galocha Folgueira[1], anteriormente coñecida como Alba Galocha Vallejo,[2] nada o 17 de xaneiro de 1990 en Santiago de Compostela,[3][4] é unha modelo, actriz, oleira e blogueira galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai é Antón Galocha, profesor de deseño gráfico na Universidade de Santiago de Compostela e a nai, Elba Vallejo, traballa como produtora. En 2008 trasladouse a Madrid e comezou a estudar deseño de moda no Istituto Europeo di Design.[3]
En 2010 comezou a súa carreira como modelo ao protagonizar o catálogo da marca española Malababa e en 2011 abriu o seu propio blog de moda para Vogue.es chamado Tea Time.
Aínda que é relativamente baixa (mide 1,71 m) en comparación con outras modelos, en 2012 recibiu o premio á "mellor modelo" na semana da moda de Madrid. Unha foto dela co actor Hugo Silva saíu na portada da edición de setembro da revista española Vanidad.[5] Entre 2013 e 2014 foi imaxe para marcas como Loewe e Louis Vuitton.[6] Tamén actuou en varias películas españolas.[7] Foi fotografada para as revistas Self Service e Jalouse.[8]
Fixo un grao en Cerámica.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 2014 | Jewel Power for Freedom lovers | Protagonista | Curtametraxe |
| 2016 | El hombre de las mil caras | Beatriz García Paesa | |
| No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas | Lu | ||
| Plan de fuga | Helena | ||
| 2017 | Si tu voyais son cœur | María | |
| La zona | Zoe Montero | Serie de televisión | |
| 2019 | The Spanish Princess | Raíña Xoana | Serie de televisión |
| Nuestra calle | Curtametraxe | ||
| 2020 | Néboa | Vega | Serie de televisión |
| 2021 | 26 | Berta | Curtametraxe |
| 2023 | Cardo | Serie de televisión | |
| 2024 | La sombra del tiburón | Alma | |
| Xustiza artificial | Alicia Kóvack |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Mudou artisticamente os apelidos, de Galocha Vallejo a Galocha Folgueira[1], para levar os apelidos das dúas avoas. Xa antes o pai, Antón Galocha, mudara os seus de orde (de López Galocha a Galocha López).
É sobriña do piloto de ralis Sergio Vallejo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Vidal, María (2024-09-07). "Alba Galocha, actriz: «Es curioso que transmita paz, porque por dentro soy nervio puro»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2025-02-28.
- ↑ Xabier Sanmartín C. (17 de setembro de 2017). "Una actriz de Santiago en la primera superproducción de ‘Movistar series’". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Alba Galocha". www.vogue.es (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2018.
- ↑ IMDb.com (ed.). "Alba Galocha - Biography". Consultado o 31 de decembro de 2017.
- ↑ Hugo Silva, Alba Galocha featured on the vanidad cover from September 2012
- ↑ Carmen López Álvarez (14 de setembro de 2016). "¿Por qué deberías conocer a Alba Galocha?". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2018.
- ↑ La top Alba Galocha da el salto al cine de la mano de la hija de Carmena
- ↑ Paula Menéndez (7 de agosto de 2016). "Alba Galocha: "Los de mi generación nos hemos dado una buena leche"". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alba Galocha |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil de Alba Galocha en models.com. (en inglés)
- Alba Galocha no Instagram. (en castelán)
- Alba Galocha - IMG Models. (en inglés)
- Alba Galocha - Entrevista en Elemmental (en castelán)