Roquia Sakhawat Hussain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Begum Rokeya")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roquia Sakhawat Hussain
Begum Rokeya.jpg
Nacemento9 de decembro de 1880
 distrito de Rangpur
Falecemento9 de decembro de 1932
 Calcuta
CausaDoenza cardiovascular
NacionalidadeRaj Británico
RelixiónIslam
Ocupaciónescritora e escritora de ciencia ficción
IrmánsKarimunnesa Khanam Chaudhurani
Coñecido/a porAbarodh Basini
editar datos en Wikidata ]

Begum Rokeya Sakhawat Hossain, nada en Pairaband (Mithapukur, distrito de Rangpur) o 9 de decembro de 1880 e finada en Calcuta o 9 de decembro de 1932, foi unha escritora, pensadora, educadora, activista social e defensora dos dereitos da muller bengalí, máis coñecida como Begum Rokeya.

Considerada pionera do feminismo no seu país,[1][2][3] escribiu novelas, poemas, contos, ciencia ficción, sátiras, tratados e ensaios.[4] Nos seus escritos sostivo que tanto homes como mulleres deben ser tratadas como seres racionais por igual, e que a falta de educación é a principal razón da discriminación cara ás mulleres. As súas principais obras inclún Abarodhbasini, un ataque ás formas extremas de purdah que poñen en perigo as vidas e os pensamientos; Sultana's Dream, unha novela de ciencia ficción situada nun lugar chamado Lady Land, un mundo gobernado por mulleres; Padmarag, outra novela utópica feminista; Motichur, colección de ensaios en dous volumes.[4] Rokeya defendeu que a educación da muller é a principal condición da liberación feminia, polo que estableceu a primeira escola dirixida principalmente ás nenas musulmás bengalís en Calcuta. Dirixiu o centro até a súa morte, a pesar de enfrontarse á crítica hostil e diversos obstáculos sociais.[4] En 1916 fundou a Asociación de Mulleres Musulmás, organización que loitou pola educación e o emprego da muller.[4][5] En 1926 presidiu a Conferencia de Educación da Muller Bengalí convocado en Calcuta, primeiro intento significativo para reunir as mulleres en apoio do dereito á educación.[5] Estivo involucrada en debates e conferencias en relación cos avances da muller até a súa morte o 9 de decembro de 1932, pouco despois de presidir unha sesión durante a Conferencia da Muller da India.[5]

En Bangladesh celébrase cada 9 de decembro o Día Rokeya para conmemorar a súa obra e legado.[6] Nese día, o goberno do estado concede o Begum Rokeya Padak, homenaxe a mulleres que realizasen unha contribución excepcional na loita polo recoñecemento dos dereitos da muller.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lugar de nacemento de Begum Rokeya.

Naceu no por entón Raj Británico. O seu pai, Jahiruddin Muhammad Abu Ali Haidar Saber, era un zamindar de bo nivel educativo que casou catro veces; do seu matrimonio con Rahatunnessa tivo tres fillas, entre elas Rokeya, e tres fillos, un dos cales morreu de neno. O irmán maior de Rokeya, Ibrahim Saber, e a súa irmá maior inmediata, Karimunnesa, tiveron grande influencia na súa vida. Karimunnesa quería aprender lingua bengalí, o idioma maioritario en Bangladesh, a pesar da oposición da familia debido a que os musulmáns de clase alta da época preferían utilizar o árabe e o persa como medio de educación, en lugar da súa lingua materna. Ibrahim ensinoulle inglés e bengalí a Rokeya e Karimunnesa. Karimunnesa foi obxecto dun matrimonio infantil aos catorce anos. Despois deuse a coñecer como poeta, e os seus dous fillos, Nawab Abdul Karim Gaznawi e Nawab Abdul Halim Gaznawi, ocuparon carteiras ministeriais baixo a ocupación británica.

Rokeya casou aos dezaseis anos. O seu marido, Khan Bahadur Sakhawat Hussain, falante nativo de lingua urdu, foi o maxistrado suplente de Bhagalpur, distrito do actual estado indio de Bihar. Foi o segundo matrimonio de Sakhawat, quen tiña por entón 38 anos e viúvo. Sakhawat era membro da Real Sociedade Agrícola de Inglaterra. Animou a Rokeya a seguir aprendendo bengalí e inglés, e a comezar a escribir. Rokeya adoptou o bengalí como lingua escrita. Iniciouse na literatura co ensaio Pipasa ("Sede").

Tras a morte de Sakhawat Hussain en 1909, Rokeya estableceu unha escola secundaria na memoria do seu home.[7] Comezou a funcionar en Bhagalpur, unha zona tradicionalmente de lingua urdu, con cinco estudantes. Unha disputa coa familia do seu marido sobre as propiedades obrigouna a trasladar a escola en 1911 a Calcuta, unha zona de fala bengalí.[7] Hoxe en día, dirixida polo estado de Bengala Occidental, é unha escola feminina.

Estatua de Begum Rokeya no Rokeya Hall, Universidade de Daca.

Rokeya tamén fundou a Anjuman e Khawateen e Islam (Asociación de Mulleres Musulmás), que se dedicou a organizar debates e conferencias sobre a situación da muller e a educación. Inspirouse na aprendizaxe tradicional musulmá tal como se enuncia no Corán.

A súa tumba en Sodepur foi redescuberta grazas aos esforzos do historiador Amalendu De.[8]

Estatua de Begum Roquia no Begum Rokeya Memorial Center, Pairaband.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Pipasha ("Thirst", 1902).
  • Motichur (ensaios, 1º vol. 1904, 2º vol. 1922). O segundo volume inclúe historia e lendas.
  • Sultana's Dream (1908)[9]
  • Padmarag (novela, 1924)
  • Oborodhbashini ("As mulleres solitarias", 1931)
  • Boligarto (conto curto).
  • Narir Adhikar ("Os dereitos da muller"), ensaio inconcluso da Asociación de Mulleres Musulmás.
  • God Gives, Man Robs ("Deus dá, o home rouba", 1927)
  • Education Ideals for the Modern Indian Girl (1931)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rokeya's unrealised Dream". The Daily Star. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  2. Rubaiyat, Hossain. "Begum Rokeya: The Pioneer Feminist of Bangladesh". The Daily Star. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Begum Rokeya Day on 9 December". Dhaka Tribune. Arquivado dende o orixinal o 7 de xaneiro de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Akhter, Shahida (2012). "Hossain, Roquiah Sakhawat". En Islam, Sirajul; Jamal, Ahmed A. Banglapedia: National Encyclopedia of Bangladesh (2ª ed.). Asiatic Society of Bangladesh. Administrator. "Roquia Sakhawat Hussain (Begum Rokeya)". Londoni. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Begum Rokeya Sakhawat Hossain". Sewall-Belmont House Museum. Sewall-Belmont House & Museum. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  6. "Begum Rokeya Day today". The Daily Star. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  7. 7,0 7,1 Barnita Bagchi (1 de outubro de 2003). "Rokeya Sakhawat Hossain". Consultado o 16 de maio de 2010. 
  8. Banerjee, Pranotosh (27 de maio de 2014). "Remembering Historian Amalendu De". Janoswartho Barta. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  9. Aishwarya Subramanian. "Strange Horizons Reviews: Sultana's Dream by Rokeya Sakhawat Hossain". Strange Horizons. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]