Movimiento Comunista (MC) foi un partido comunista de España fundado en 1972, aínda que as súas orixes están nunha escisión de ETA en 1967 coñecida como ETA Berri e máis tarde Euskadiko Mugimendu Komunista (EMK), partidario dunha política máis marxista e que procuraba a cooperación con outros grupos dentro de España e así fusionase coa Organización Comunista (Aragón), Unificació Comunista (Valencia), Grup de Formació Marxista-Leninista de les Illes (Baleares) e un grupo de comunistas independentes asturianos para formar o Movimiento Comunista de España, chamado desde 1976 Movimiento Comunista, un partido federal con organizacións federadas en case todo o territorio español. As organizacións de Cataluña, Valencia e Baleares formaban o Moviment Comunista dels Països Catalans, o EMK deixou o MC a mediados dos 80 aínda que mantivo a colaboración co MC.
Aínda que inicialmente o MC foi maoísta evolucionou cara a un comunismo independente das grandes correntes internacionais, moi intelectualizado, cunha grande énfase no feminismo e no recoñecemento das realidades nacionais de España. Nas eleccións xerais impulsou varias plataformas electorais como a Candidatura de Unidad Popular en Madrid. En 1979 integrouse no MC a Organización de Izquierda Comunista
Tras a integración de España na Unión Europea o MC xunto á Liga Comunista Revolucionaria (LCR) apoiou a candidatura de Herri Batasuna ó Parlamento europeo en toda España. Tamén tivo un papel destacado na creación do Comité Anti-OTAN.
En 1991 unificouse coa LCR adoptando o nome de Izquierda Alternativa, que tivo unha curta vida xa que desapareceu en 1993 e a maioría dos antigos militantes do MC seguiron en política co nome de Liberación.
Bilbao Ariztimuño, Kepa (2006). Crónica de una izquierda singular.
Díaz Macías, E. M. (2022). El Movimiento Comunista (MC): historia de un partido (1964-1991). Catarata.
Fernández Rincón, J. (2017). «El origen del Movimiento Comunista de España: Evolución, formación y extensión al ámbito estatal». En Actas del IX Encuentro Internacional de investigadores del Franquismo: 80 años de la Guerra Civil Española (pp. 303-313).
Fernández Rincón, J. (2018). «Cambio de rumbo en la transición. Claves para entender el desarrollo del movimiento comunista (MC)». En Brumaria (Ed.), Las otras protagonistas de la transición (pp. 1103-1114). Brumaria.
Fernández Rincón, J. (2019). «La lucha por la democracia en clave antifascista: El Movimiento Comunista (MC) por la ruptura democrática (1975-1977)». En C. Navajas Zubeldia & D. Iturriaga Barco (Eds.), El reinado de Juan Carlos I (1975-2014) (pp. 131-147).
Fernández Rincón, Javier (2024). El Movimiento Comunista (MC): organización y estrategia revolucionaria (1972-1991) [tese de doutoramento]. Universidade Nacional de Educación a Distancia (España). Enlace.
Kortazar Billelabeitia, J. (2012a). «El Movimiento Comunista de Euskadi y la Transición en el País Vasco (1975-1980)». En No es país para jóvenes (pp. 97-114). Instituto de Historia Social Valentín Foronda.
Kortazar Billelabeitia, J. (2012b). «Euskadiko Mugimendu Komunista (1969-1991): Historia eta ideologia». Vasconia: Cuadernos de historia-geografía (38): 1079-1109.
Laiz Castro, C. (2023). La lucha final: los partidos de la izquierda radical durante la transición española. Catarata.
Pérez Ochoa, Í., & Satrustegi Andres, I. (2020). «UNAI: Auge y fracaso de la izquierda revolucionaria en Navarra». Príncipe de Viana (277): 669-695. Enlace.
Satrustegi Andres, I. (2018). «La izquierda revolucionaria vasca bajo el franquismo: el ejemplo del MCE». En Las otras protagonistas de la transición (pp. 1087-1102). Brumaria. Enlace.
Satrustegi Andres, I. (2022a). «Dazibaos en la Estafeta: el maoísmo en Navarra en los años 1970». Gerónimo de Uztariz (36): 47-68. DOI: 10.58504/rgu.36.4..
Satrustegi Andres, I. (2022b). «"Hicimos lo que había que hacer": la transición en Navarra desde abajo». En R. Jimeno Aranguren (Ed.), La LORAFNA 40 años después (pp. 103-124). Aranzadi. Enlace.
Satrustegi Andres, I. (2022c). Beste mundu bat nahi genuen: Nafarroako ezker iraultzailea, 1970-1979. Goberno de Navarra.
Satrustegi Andres, I. (2025). Atreverse a luchar. La izquierda revolucionaria y la Transición en Navarra. Txalaparta.
Wilhelmi Casanova, G. (2016). Romper el consenso: La izquierda radical en la Transición (1975-1982). Siglo XXI.