Morcego rubio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Morcego rubio
Nyctalus noctula.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Familia: Vespertilionidae
Subfamilia: Vespertilioninae
Xénero: Nyctalus
Especie: N. noctula
Nome binomial
Nyctalus noctula
Schreber, 1774
Subespecies
  • N. noctula subsp noctula, Schreber, (1774)
  • N. noctula subsp labiata, Hodgson, (1835)
  • N. noctula subsp lebanoticus, Harrison, (1962)
  • N. noctula subsp mecklenburcevi, Kuziakin, (1934)
Sinonimia
  • macuanus, Peters, 1852.

O morcego rubio (Nyctalus noctula) é unha especie de quiróptero da familia Vespertilionidae amplamente espallado por Asia, Europa e parte de África.

Descrición[editar | editar a fonte]

Distribución do morcego rubio en Galicia

É un morcego de tamaño grande, con orellas grandes e redondeadas. Ten o fociño curto e ancho e as ás, longas e estreitas insírense nos nocellos. O pelame é de cor rubia, coas ás, orellas e fociño de cor castaña escura.

Mide entre 48 e 58 milímetros cun peso entre os 18 e 40 gramos, a súa fórmula dentaria é .

Emite dous tipos de ultrasóns uns comezan en 45 kHz e rematan a 25 khz e outros de maior duración de 25 kHz a 19 kHz. Ademais emite sons moi variables, de carácter social, en voo ou dende refuxio, que poden ser escoitados, polo oído humano, a máis de 50 metros.

Distribución[editar | editar a fonte]

Ocupa unha ampla superficie de Eurasia, dende o norte de África, a Península Ibérica, Irlanda e o sur de Escandinavia, até China, Formosa e Vietnam. Esta especie é moi rara na Península Ibérica, téndose citado nuns poucos lugares, principalmente da metade setentrional, entre eles, Galicia.

Hábitat[editar | editar a fonte]

É un morcego forestal, adoitase refuxiar en ocos de árbores, aínda que é posible achalo en caixas refuxio ou en fendas de muros, edificios e pontes, sempre preto de cursos de auga. Os únicos refuxios coñecidos en España sitúanse en parques. Esta especie foi estudada en Navarra, de onde proveñen a maioría dos datos actuais. Comprobouse que un grupo de machos aséntase nesta rexión de forma sedentaria, mentres que as femias non chegan até pasada a época de cría. A final de agosto e en setembro chegan numerosas femias migradoras, que probablemente proceden do centro e norte de Europa. No outono fórmanse as colonias e prodúcense os apareamentos. Sábese que tamén pasan o inverno na Península, migrando no outono, cara a latitudes maiores.

Ameazas[editar | editar a fonte]

A perdida de refuxios pola curta de árbores e en menor medida, o recheo de fendas semella ser a maior ameaza para esta especie. En España, a grafiose dos olmos supuxo a talla de moitas árbores vellas, lugares axeitados para buscar refuxios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]