Moorea
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas do Vento | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas da Sociedade | |||
Localización | ||||
División administrativa | Moorea-Maiao, Francia | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico, Opunohu Bay (en) e Cook's Bay (French Polynesia) (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 1.207 m | |||
Dimensións | 11 () × 19 () km | |||
Punto máis alto | Mount Tohivea (en) (1.207 m ) | |||
Superficie | 133,5 km² | |||
Sitio Ramsar | ||||
Historia | ||||
Data de descuberta ou invención | 1606 | |||
Moorea (Mo´orea en tahitiano) é unha illa volcánica do arquipélago da Sociedade na Polinesia Francesa. A tan só 17 km ao noroeste de Tahití é denominada ás veces como «a illa irmá».
Topónimo
[editar | editar a fonte]O nome de Moorea quere dicir 'lagarto dourado' ou 'lagarto amarelo', en tahitiano, Mo'o = lagarto, Re'a = amarelo. Unha lenda explica que un lagarto xigante partiu coa cola as dúas baías ao norte. Estas baías son as de Opunohu e a de Cook ou Paopao. Curiosamente James Cook en 1777, ancorou na baía de Opunohu e non á de Paopao. O miradoiro de Belvedere (ou Roto Nui) é un punto de atracción con espléndidas vistas ás dúas baías.
O nome histórico é Aimeho, ou Eimeo, que quere dicir 'refuxio'. A proximidade con Tahití facía que se utilizase como refuxio para os guerreiros derrotados. Un exiliado foi o rei Pomare II que en 1808 instalouse durante sete anos logo da revolta provocada ao intentar establecer un reino absolutista. Hoxe en día continua sendo un refuxio de fin de semana para os que queren fuxir da capital Papeete.
Para Samuel Wallis (1767) foi a illa de York, e para o español Domingo Boenechea (1772) a illa de Santo Domingo. Foi George Vancouver, en 1791, quen a chamou Morea, aínda que só era o nome dun dos distritos, acabou aplicandose a toda a illa.
Historia
[editar | editar a fonte]Do mesmo xeito que moitas das outras illas, Mo'orea primeiro foi ocupada polos polinesios das illas ao oeste de Mo'orea. Chegaron en canoas que viñan desde o sur de Asia en busca de illas para colonizar. Estímase que chegaron a Mo'orea hai arredor de 1000 anos. Hai algúns sinais antigos en Mo'orea coñecidos como marae, que consisten en antigas rochas de pedra con forma de pirámides. Nas rocas están as tallas que indican que de vez en cando celebrábanse sacrificios. O marae máis vello é o 'Āfareaitu Marae, situado na aldea principal da illa. Foi feito polos primeiros polinesios no ano 900.
O primeiro europeo que rexistrou o seu avistamento foi Pedro Fernández de Quirós en 1606.[1] Os primeiros colonos europeos chegaron durante o século XVIII. O primeiros europeos en chegar á illa eran ingleses Samuel Wallis e James Cook. O capitán James Cook desembarcou primeiro en Tahití e logo partiu con Samuel Wallis e foron a Mo'orea. A primeira vez que desembarcou foi na baía de 'Opunohu, posteriormente chamada Baía de Cook na súa honra. O mariñeiro español Domingo de Bonechea visitouna en 1774 e chamouna Santo Domingo.[2]
A illa foi un dos visitados pola United States Exploring Expedition na súa xira polo Pacífico Sur en 1839.
Charles Darwin atopou inspiración para a súa teoría sobre a formación dos atois de coral cando observaba Mo'orea desde o alto dun pico de Tahití. Describiuno como unha "pintura nun marco", en referencia á Barreira de Coral que rodea a illa.[3]
O 7 de outubro de 1967, terminouse a construción do Aeroporto de Mo'orea. Que abriu o mes seguinte.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa formouse como un volcán fai entre 1´5 a 2´5 millóns de anos, resultado dun punto quente xeolóxico no manto debaixo da placa oceánica que formou o conxunto do arquipélago da Sociedade. Teorizouse sobre que as baías actuais eran antigamente as concas hidrográficas que se encheron durante a subida do mar do Holoceno.
A superficie total é de 133´5 km², e a altitude máxima é de 1.207 m no Monte Tohi'e'a, cerca do centro de Mo'orea. A illa ten un perfil montañoso, coas súas vertentes cubertas de plantacións de ananás, aguacates e pomelos. Ten oito vales que forman unha estrela, e dúas baías case simétricas na costa norte, a do oeste chámase 'Opunohu, non está moi poboada, pero moitos viaxeiros chegan a través da baía. Os principais municipios dos arredores da baía son Piha'ena no leste e Papetō'ai ao oeste. No leste atópase a baía de Cook, tamén chamada Pao Pao Bay xa que a comuna máis grande de Mo'orea está no fondo da baía. Os outros municipios son Piha'ena ao oeste e Maharepa no leste.
Hai rutas de senderismo nas montañas. A baía Vai'are é outra pequena enseada, máis pequena que as dúas baías principais, na costa leste. Esta baía creceu moito e ten unha chea de negocios. O pobo principal atópase xusto ao sur da baía.
A illa tiña 16.191 habitantes no censo do 2007, distribuídos nas comunas asociadas de Afareaitu, Haapiti, Paopao, Papetoai e Teavaro. Xunto con Maiao forma a comuna de Moorea-Maiao.
-
Baía de Cook en Moorea
-
Vista de Moorea ao poñente de Tahití
-
Vista aérea da illa
-
Mapa de Moorea e Tahití
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rienzi, M.L. Historia de la Oceanía, o quinta parte del mundo Barcelona, 1845-1846, vII, p.267
- ↑ Boenechea, Domingo de Descripción de las islas del Océano Pacífico reconocidas últimamente de ordne de S.M., por Don Domingo de Boenechea, capitan de fragata de la Real Armada, y comandante de la de S.M. nombrada Sta. María Magdalena (alias el Aguila), en los años de 1772 y 1774 Manuscript 476 of the Museo Naval de Madrid, fo. 94
- ↑ "Moorea "The Majestic Island"". Fly Tahiti. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2014.
- ↑ La SETIL Aéroports exploitant des aéroports: Tahiit Faa'a, Bora Bora, Raiatea, Rangiroa, Huahine, Moorea
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moorea |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Official site (Tahiti Tourisme Board)
- Mo'orea Visitors Bureau Arquivado 29 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
- Mo'orea Travel Information Arquivado 17 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
- Directory: direct links about Mo'orea
- Photogallery of Mo'orea
- Mo'orea Coral Reef Long Term Ecological Research Site
- U.C. Berkelely Richard B. Gump South Pacific Research Station
- "Surgical Strike: Mo'orea Surf Mission" Photos And Video
- The Island of Mo'orea at the Smithsonian Ocean Portal