Miquel Obiols
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 Roda de Ter, Barcelona |
Morte | 27 de outubro de 2024 (78/79 anos) |
País de nacionalidade | Cataluña;España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, escritor de literatura infantil |
Sitio web | miquelobiols.com |
Miquel Obiols, nado en Roda de Ter, Osona, 1945 e finado o 27 de outubro de 2024, foi un escritor, guionista e creador-director de telefilmes (entre eles Manciña morta, ábreme esta porta coproducido pola Televisión de Galicia)[1] e programas de televisión catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É coñecido polas súas obras de literatura infantil e xuvenil (Ai, Filomena, Filomena! i altres contes, Tatrebill en contes uns ou Llibre de les M'Alícies) e por experimentar con técnicas literarias de vangarda pouco habituais no xénero.
Incorporaba textos caligramas, onomatopeicos, poéticos, tipográficos, surrealistas, de nonsense, con reminiscencias do movemento OuLiPo. Xogaba coa linguaxe, considerándoa vehículo de expresión e tamén materia plástica e creativa.
Algúns dos seus relatos ou libros foron adaptados para o teatro (Dagoll Dagom, Teatro Achiperre, Alvic Teatre).
Para a televisión creou, dirixiu e escribiu os guións de programas como Terra d'escudella, Planeta imaginari ou Pinnic de TVE-Catalunya; e P+o-xo: en Canal+, entre outros. Inventa o personaxe gallifante ou galifant (de galiña e elefante, palabra-maletín que se leva máis facilmente segundo Lewis Carroll).
Na produtora Diagonal TV inventou proxectos, adaptou a poesía de Miquel Bauçà e doutros autores, para TV3.
A súa obra foi traducida a varios idiomas, entre eles o galego.[2][3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Ai, Filomena, Filomena! i altres contes, 1977, reeditado en 2012 por Kalandraka.[4]
- El misteri de Buster Keaton, 1980.
- Tatrebill en contes uns, 1980, en galego Edatrebill, 7 contos e un espello.[2]
- Habitants de Bubo-Bubo, 1982.
- King-què. Lectures 5è, 1984.
- El tigre de Mary Plexiglàs, 1987.
- Quin dia més gggrrr...!, 1988.
- Minimals, 1988.
- Libro de las M'Alicias, 1990 (Premio Nacional de Ilustración)
- 77 Histèries, 1990.
- Iris (7 volúmenes), 1991.
- El quadre més bonic del món, 2001, en galego O cadro máis bonito do mundo.[5]
- A auga está enferma, 2002.
- 55 taques & gargots, 2002.
- Llibre de les M'Alícies, 2009.
- He tornat a jugar amb la mare i se m'ha espatllat, 2010.
- No hi cabem dues vegades, en aquest món, 2016.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1978 - Premi de la Crítica Serra d'Or: Ai, Filomena, Filomena! i altres contes.
- 1981 - Premio Josep M. Folch i Torres: Habitants de Bubo-Bubo.
- 1986 - Premio Joaquim Ruyra: El tigre de Mary Plexiglàs.
- 1986 – Premi de la Crítica Serra d'Or: El tigre de Mary Plexiglàs.
- 1988 - Premi Institució de les Lletres Catalanes: El tigre de Mary Plexiglàs.
- 1992 - Premi Critici in Erba (Bologna, Italia): Iris (7 volums).
televisión
[editar | editar a fonte]- 1978 - Premio Ondas : Terra d'escudella (1976-1979).
- 1983 - Premi Ciutat de Barcelona: Planeta Imaginari (1982-1983).
- 1993 - Premio Ondas Internacional: Pinnic (1992-94).
- 1993 - Antena de Ouro de Bulgaria: Pinnic
- 1994 - Medalla de Bronce Festival de Nova York: Pinnic
- 1997 - Selección INPUT Nantes: P+o-xo: (1995-2000).
- 2007 - Premio GAC ao mellor guión documental de televisión e cine: Miquel Bauçà, poeta invisible (2007).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Trailer ; Trailer de Manciña morta, ábreme esta porta". culturagalega.org; AVG; AudioVisual Galego. Consultado o 2023-08-08.
- ↑ 2,0 2,1 KTV. "Edadrebil. 7 contos e 1 espello". Kalandraka TV. Consultado o 2023-08-08.
- ↑ "apartat=482". www.rodadeter.cat. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2018. Consultado o 08 de agosto de 2023.
- ↑ "Kalandraka - Libros para soñar Obiols, Miquel". kalandraka.com. Consultado o 2023-08-08.
- ↑ "O cadro máis bonito do mundo G - Miquel Obiols / Roger Olmos by kalandraka.com - Issuu". issuu.com (en inglés). 2019-02-08. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2023. Consultado o 2023-08-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cataluña |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «Miquel Obiols i Prat». Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (AELC).
- Miquel Obiols na Internet Movie Database (IMDb)
- Artigos sobre Obiols en Traces
- Festival Audio-Visual Miquel Obiols, na súa vila natal, en homenaxe ao autor
- Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil