Miles Bridges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miles Bridges
Charlotte Hornets – No. 0
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 21 de marzo de 1998 (26 anos)
Flint, Míchigan
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Instituto Flint Southwestern
(Flint, Míchigan)
Huntington Prep
(Huntington, West Virginia)
Universidade Michigan State (2016–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Los Angeles Clippers
Carreira dende 2018
Historial de equipos
Charlotte Hornets (2018–presente)

Miles Emmanuel Bridges Sr., nado o 21 de marzo de 1998 en Flint, Míchigan, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Charlotte Hornets da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 21 de xuño de 2018, Bridges foi seleccionado polos Los Angeles Clippers na 12ª posición do Draft da NBA de 2018, e foi traspasado ós Charlotte Hornets a cambio da 11ª elección do Draft, Shai Gilgeous-Alexander.[1] O 2 de xullo de 2018, Bridges asinou un contrato de tres anos cos Hornets.[2] Na súa primeira tempada na National Basketball Association, Bridges participou no concurso de mates do All-Star Weekend da NBA de 2019. O 14 de febreiro de 2020, foi elixido coma mellor xogador do Rising Stars Challenge do All-Star de 2020, tras a vitoria do Team USA por 151-131 contra o Team World.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stoia, George (21 de xuño de 2018). "2018 NBA draft: Michigan State's Miles Bridges traded to Charlotte Hornets". Detroit Free Press. Consultado o 21 de xuño de 2018. 
  2. "Hornets Sign First-Round Draft Pick Miles Bridges". NBA.com. Consultado o 2 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]