Jevon Carter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jevon Carter
Chicago Bulls – No. 5
Posición Base
Información persoal
Nacemento 14 de setembro de 1995 (28 anos)
Illinois Oak Park, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Proviso East
(Maywood, Illinois)
Universidade West Virginia (2014–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: 2 / Elección: 32
Por Memphis Grizzlies
Carreira desde 2018
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2018–2019)
Memphis Hustle (2018–2019)
Phoenix Suns (2019–2021)
Brooklyn Nets (2021–2022)
Milwaukee Bucks (2022–2023)
Chicago Bulls (2023–presente)

Leroy Jevon Carter, nado o 14 de setembro de 1995 en Oak Park, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 21 de xuño de 2018, Carter foi escollido na 32ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Memphis Grizzlies. O 12 de xullo de 2018, Carter asinou o seu contrato de rookie cos Grizzlies.[1] Durante a súa primeira tempada na NBA, Carter foi asignado en varias ocasións ós Memphis Hustle, afiliado dos Grizzlies na NBA G League.[2]

O 7 de xullo de 2019, Carter foi traspasado xunto a Kyle Korver ós Phoenix Suns, a cambio de Josh Jackson, De'Anthony Melton, unha elección da segunda rolda do Draft de 2020, e outra da segunda rolda de 2021.[3] Cos Suns, Carter chegou ás Finais da NBA de 2021, pero perderon en seis partidos contra os Milwaukee Bucks.

O 6 de agosto de 2021, Carter foi traspasado xunto os dereitos do Draft de Day'Ron Sharpe ós Brooklyn Nets, a cambio de Landry Shamet.[4] O 22 de febreiro de 2022, Carter foi cortado polos Nets.[5]

O 24 de febreiro de 2022, Carter asinou cos Milwaukee Bucks.[6] O 6 de xullo de 2022, Carter asinou un novo contrato cos Bucks.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Memphis Grizzlies sign Jevon Carter to multi-year contract". NBA.com. 15 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  2. "2018-19 NBA Assignments". NBA.com. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  3. "Suns Complete Trade with Memphis". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  4. "Suns acquire Landry Shamet from Brooklyn". NBA.com. 6 de agosto de 2021. 
  5. "Brooklyn Nets Sign Goran Dragić". NBA.com. 22 de febreiro de 2022. Consultado o 23 de febreiro de 2022. 
  6. "Milwaukee Bucks Sign Jevon Carter". NBA. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  7. "Milwaukee Bucks Re-Sign Jevon Carter". www.nba.com (en inglés). Consultado o 2022-07-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]