Marvin Bagley III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marvin Bagley III
Washington Wizards – No. 35
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 16 de marzo de 1999 (25 anos)
Tempe, Arizona
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Corona del Sol
(Tempe, Arizona)
Hillcrest Prep Academy
(Phoenix, Arizona)
Sierra Canyon School
(Chatsworth, California)
Universidade Duke (2017–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Sacramento Kings
Carreira dende 2018
Historial de equipos
Sacramento Kings (2018–2022)
Detroit Pistons (2022–2024)
Washington Wizards (2024–presente)

Marvin Bagley III, nado o 16 de marzo de 1999 en Tempe, Arizona, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA). Con 2,11 metros de estatura xoga na posición de ala-pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 21 de xuño de 2018, Bagley foi seleccionado polos Sacramento Kings na segunda posición do Draft da NBA de 2018.[1] O 1 de xullo de 2018, Bagley asinou cos Kings.[2] Debutou na NBA o 17 de outubro de 2018 na derrota dos Kings por 123–117 contra os Utah Jazz, facendo 6 puntos e 5 rebotes en 12 minutos de xogo.[3]

O 10 de febreiro de 2022, Bagley foi traspasado ós Detroit Pistons coma parte dun traspaso entre catro equipos que mandou a Donte DiVincenzo, Josh Jackson e Trey Lyles ós Kings.[4] O 14 de febreiro de 2022, Bagley debutou cos Pistons na derrota dos Kings por 103–94 contra os Washington Wizards.[5] O 6 de xullo de 2022, Bagley asinou cos Pistons un novo contrato por tres anos.[6]

O 14 de xaneiro de 2024, os Pistons traspasaron a Bagley ós Washington Wizards xunto a Isaiah Livers, a cambio de Danilo Gallinari e Mike Muscala.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kings go power forward route with Marvin Bagley III as No. 2 pick". ESPN.com. 21 de xuño de 2018. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  2. "Kings Sign Marvin Bagley III". NBA.com. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  3. "Utah Jazz vs. Sacramento Kings - October 17, 2018". NBA.com. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  4. "Detroit Pistons acquire Marvin Bagley III from Sacramento Kings". NBA.com. 10 de febreiro de 2022. 
  5. "Pistons' Marvin Bagley: So-so showing in team debut". 
  6. "Detroit Pistons re-sign Marvin Bagley III". NBA. Consultado o 10 de xullo de 2022. 
  7. "Wizards Acquire Bagley III, Livers From Detroit". NBA.com. 14 de xaneiro de 2024. Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]