Jarred Vanderbilt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jarred Vanderbilt
Los Angeles Lakers – No. 2
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 3 de abril de 1999 (25 anos)
Houston, Texas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 97 kg (214 lb)
Información da carreira
Instituto Victory Prep
(Houston, Texas)
Universidade Kentucky (2017–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: 2 / Elección: 41
Por Orlando Magic
Carreira dende 2018
Historial de equipos
Denver Nuggets (2018–2020)
Delaware Blue Coats (2019)
Rio Grande Valley Vipers (2019)
Windy City Bulls (2020)
Minnesota Timberwolves (2020–2022)
Iowa Wolves (2020)
Utah Jazz (2022–2023)
Los Angeles Lakers (2023–presente)

Jarred Jakobi Vanderbilt, nado o 3 de abril de 1999 en Houston, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Con 2,06 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 21 de xuño de 2018, Vanderbilt foi seleccionado polos Orlando Magic na 41ª posición do Draft da NBA de 2018, e foi traspasado ós Denver Nuggets.[1][2] O 11 de xullo de 2018, Vanderbilt asinou cos Nuggets.[3] Debutou na NBA o 25 de xaneiro de 2019 na vitoria de Denver por 132-95 contra os Phoenix Suns, xogando catro minutos e facendo un punto, tres rebotes e unha asistencia.[4]

O 5 de febreiro de 2020, Vanderbilt foi traspasado ós Minnesota Timberwolves nun traspaso entre catro equipos.[5]

O 6 de xullo de 2022, Vanderbilt foi traspasado ós Utah Jazz xunto a Patrick Beverley, Malik Beasley, Leandro Bolmaro, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert.[6]

O 9 de febreiro de 2023, os Lakers traspasaron a Vanderbilt nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Minnesota Timberwolves.[7] Debutou cos Lakers dous días máis tarde, facendo 12 puntos, 8 rebotes e 4 asistencias na vitoria dos Lakers por 109–103 contra os Golden State Warriors.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Magic Continue to Add Length in Second Round". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 21 de xuño de 2018. Consultado o 21 de xuño de 2018. 
  2. "2018 NBA Draft Trade Tracker". NBA.com. Consultado o 21 de xuño de 2018. 
  3. "The Denver Nuggets Sign Rookie Jarred Vanderbilt". NBA.com. 11 de xullo de 2018. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  4. Rush, Joel (27 de xaneiro de 2019). "Denver Nuggets Rundown, Games 40-48: Offense Surges As Will Barton, Gary Harris Return From Injury". Forbes.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  5. "Minnesota Timberwolves Acquire Brooklyn Nets’ 2020 First Round Pick from Atlanta Hawks, Malik Beasley, Juancho Hernangomez and Jarred Vanderbilt from Denver Nuggets in 12-Player, Four-Team Trade". NBA.com. 5 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  6. "Minnesota Timberwolves Acquire Center Rudy Gobert from Utah Jazz". www.nba.com (en inglés). Consultado o 2022-07-06. 
  7. "Lakers trading Russell Westbrook to Jazz in 3-team, 8-player deal". NBA.com. 9 de febreiro de 2023. 
  8. "RUSSELL SHINES IN RETURN TO LAKERS AFTER TRADE BY T-WOLVES". NBA.com. Consultado o 16 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]