Miguel Villanueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Miguel Villanueva Gómez»)
Infotaula de personaMiguel Villanueva

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Miguel Villanueva y Gómez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1852 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 1931 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Felipe IV Road, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Fernando en Sevilla Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
4 de xullo de 1931 – 19 de setembro de 1931 (finado no cargo)Tomás Ortiz de Solorzano y Ortiz de La Puente (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Logroño (en) Traducir
Ministro de Facenda
4 de abril de 1923 – 3 de setembro de 1923
← José Manuel Pedregal (en) TraducirFélix Suárez Inclán (pt) Traducir →
President of the State Council (en) Traducir
10 de decembro de 1922 –
← Rafael Andrade Navarrete (en) Traducir
Presidente do Congreso dos Deputados
29 de maio de 1916 – 2 de maio de 1919
← Augusto González BesadaJuan Armada Losada →
Ministro de Facenda
25 de febreiro de 1916 – 30 de abril de 1916
← Ángel UrzáizSantiago Alba Bonifaz →
Ministro de Estado de España
9 de decembro de 1915 – 25 de febreiro de 1916
← Salvador Bermúdez de Castro O'Lawlor (pt) TraducirAmalio Gimeno y Cabañas (pt) Traducir →
Presidente do Congreso dos Deputados
27 de maio de 1913 – 2 de xaneiro de 1914
← Segismundo MoretAugusto González Besada →
Ministro de Fomento de España
12 de marzo de 1912 – 24 de maio de 1913
← Rafael Gasset ChinchillaRafael Gasset Chinchilla →
Ministro de Mariña de España
23 de xuño de 1905 – 31 de outubro de 1905
← Eduardo Cobián RoffignacValeriano Weyler (pt) Traducir →
Ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas
6 de marzo de 1901 – 19 de marzo de 1902
← Joaquín Sánchez de TocaJosé Canalejas Méndez →
Senador de España
Deputado das Cortes
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFelipe IV Road (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , político , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Miguel Villanueva y Gómez, nado en Madrid o 31 de outubro de 1852 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1931, foi un avogado e político español. Durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena foi ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas, e durante o reinado de Afonso XIII, foi ministro de Fomento, ministro de Mariña, ministro de Estado e ministro de Facenda. Así mesmo desempeñou o cargo de presidente do Congreso en varias lexislaturas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras conseguir o doutoramento en Dereito na Universidade Central de Madrid trasládase a Cuba onde conseguirá a cátedra de Dereito Civil pola Universidade da Habana e iniciará a súa carreira política como concelleiro da Habana sendo elixido, en 1881, deputado por Cuba en representación do Partido Liberal; escano que volvería obter nas sucesivas eleccións até a de 1898. A perda das colonias españolas fai que a partir de entón se presentase nos seguintes procesos electorais pola circunscrición de Logroño, na que conseguiu o escano entre 1901 e 1931.

Cargos no goberno[editar | editar a fonte]

Foi ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas entre o 6 de marzo de 1901 e o 19 de marzo de 1902. Durante dous breves períodos (15 a 23 de xullo de 1901 e 9 a 17 de xaneiro de 1902) fíxose coa carteira de Gobernación de forma interina.[1] Pasou a ocupar a carteira de ministro de Mariña entre o 23 de xuño e o 31 de outubro de 1905[2] e, posteriormente foi nomeado ministro de Fomento, carteira que ocupou entre o 12 de marzo de 1912 e o 24 de maio de 1913.[3] Así mesmo foi ministro de Estado entre o 9 de decembro de 1915 e o 25 de febreiro de 1916. Finalmente, ostentou a carteira de Facenda en dúas ocasións: entre o 25 de febreiro e o 30 de abril de 1916 e entre o 4 de abril e o 3 de setembro de 1923.[4]

Outros cargos[editar | editar a fonte]

Foi presidente do Congreso dos Deputados en varias lexislaturas: na de 1911-1913, na de 1916-1917, na de 1917 e na de 1918-1919.[5] O 2 de xaneiro de 1923, foi nomeado alto comisario de España en Marrocos mais non chegou a tomar posesión do cargo por motivos de saúde.[6]

Ingresou como membro de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas o 15 de decembro de 1929, cun discurso que versou sobre «réxime representativo e parlamentario», que foi contestado por Niceto Alcalá-Zamora.[7]

Faleceu na súa casa no número 9 da madrileña rúa de Felipe IV ás once da noite do 19 de setembro de 1931,[8] e foi soterrado no cemiterio sevillano de San Fernando, no panteón familiar.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Urquijo (2008), p. 87
  2. Urquijo (2008), p. 91
  3. Urquijo (2008), p. 98
  4. Urquijo (2008), p. 106
  5. Jerónimo Sánchez-Beato, Estefanía; Morales Payán, Miguel Ángel (2004). La presidencia de las Cortes en el constitucionalismo histórico español. Almería: Universidade de Almería. p. 181. ISBN 84-8240-743-0. 
  6. Vilanova (2005), p. 695
  7. "«Recepción de don Miguel Villanueva». La Época 81 (28.069)" (81). Madrid. 16 de decembro de 1929. p. 3. ISSN 2254-559X. Consultado o 13-06-2018. 
  8. "Anoche falleció en Madrid el expresidente del Congreso D. Miguel Villanueva". El Sol (4.401) (Madrid, publicado o 20 de setembro de 1931). XV. p. 1. ISSN 2171-262X. Consultado o 13-06-2018. 
  9. "Entierro de don Miguel Villanueva". La libertad (3591) (Madrid, publicado o 23 de setembro de 1931). XIII. p. 4. ISSN 9968-4942. Consultado o 13-06-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]