Miguel Herrán
Miguel Herrán | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de abril de 1996 |
Lugar de nacemento | Fuengirola, Málaga |
Nacionalidade | España |
Ocupación | Actor |
Cónxuxe | Úrsula Corberó (2016–presente) |
Premios | Premio Goya ó mellor actor revelación |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Miguel Herrán, nado en Málaga o 25 de abril de 1996, é un actor español gañador do premio Goya ao mellor actor revelación en 2016, que se deu a coñecer polo seu papel de Darío na película A cambio de nada, de Daniel Guzmán, e o de ''Río'' na serie de televisión La casa de papel.[1]
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Miguel Herrán vivía en Fuengirola coa súa nai. Na súa infancia, a súa nai decidiu mudarse a Madrid[2] e creceu no barrio madrileño de Chamberí.
Foi descuberto polo actor e director Daniel Guzmán cando realizaba un «casting de beirarrúa», para a película A cambio de nada.[3] Así foi como obtivo o papel de Darío, o cal pouco despois lle fixo gañar o seu primeiro Goya ao mellor actor revelación.
Ao mesmo tempo que se rodaba a película, Miguel estudou un ano no Laboratorio William Layton, o mesmo lugar onde estudou Guzmán, e posteriormente continuou os seus estudos na Central de Cine de Madrid.
Despois do Goya foi galardoado co San Pancracio Actor Revelación no Festival Solidario de Cine Español en Cáceres[4] e en abril recibiu no Festival de Málaga o Premio RTVA á «Proxección do Talento Andaluz».[5]
En 2016 formou parte do elenco de dúas novas películas. Tivo un pequeno papel en El guardián invisible de Fernando González Molina, xunto con Marta Etura e Elvira Mínguez, e outro, algo máis importante, en 1898: Los últimos de Filipinas, dirixida por Salvador Castro e onde comparte escena con actores como Álvaro Cervantes, Patrick Criado, Karra Elejalde, Luís Tosar.[6] Ademais, participou como protagonista nunha curtametraxe para un anuncio de Bollywood.[7]
En 2017 Atresmedia estreou a serie La casa de papel, onde Miguel interpretou a Río e compartiu repartición con Álvaro Morte, Úrsula Corberó, Pedro Alonso, Alba Flores e Paco Tous, entre outros.
A principios de 2018 Netflix anunciou que Miguel Herrán formaría parte de Élite, a súa segunda serie orixinal en España tras Las chicas del cable. Ademais, esta mesma plataforma anunciou no evento See What's Next, celebrado en Roma a mediados de abril, a produción dunha nova tempada de La casa de papel na que o actor seguiría dando vida ao seu personaxe.[8]
En 2019 estreouse en Netflix a terceira parte de La casa de papel e a segunda tempada de Elite, na que só aparece nun episodio, xa que é incompatible combinar a rodaxe de ambas as series.
En setembro de 2019 comeza a rodar Hasta el cielo, un suspense de roubo dirixido por Daniel Calparsoro e cun guión de Jorge Guerricaechevarría no que dá vida a Ángel, un mozo que se une a unha banda de ladróns que ten en xaque a toda a comunidade, Policía de Madrid. Nesta longametraxe, estreada o 18 de decembro de 2020, tamén participan Luis Tosar (Rogelio), Carolina Yuste (Estrella) e Asia Ortega (Sole).[9]
O 3 de abril de 2020 estreouse a cuarta tempada de La casa de papel.[10] En agosto de 2020 rodouse a quinta tempada da serie, que se informou como a última.[11][12]
En agosto de 2021 comeza a rodaxe Modelo 77, un filme dirixido por Alberto Rodríguez e no que protagoniza xunto a Javier Gutiérrez. O filme trasládase ao Cárcere Modelo de Barcelona en 1977 no que Herrán interpretará a un mozo contador que malversau e pide que cumpra penas de entre 10 e 20 anos. Para conseguir un indulto por este castigo desproporcionado, o mozo únese a un grupo de presos que se organizan para reclamar unha amnistía.[13] La película estará dispoñible nas salas de España a partir do 23 de setembro de 2022.
O 1 de abril de 2022 estréase Canallas, un filme dirixido por Daniel Guzmán, no que participa Herrán.[14]
En xullo de 2022 comeza a rodar Los Farad. Unha serie orixinal de Amazon Prime Video na que interpretará a Oskar, un mozo que se verá implicado nunha trama de tráfico de armas en Marbella nos anos 80. A serie, dirixida por Mariano Barroso, tamén contará coa participación de Susana Abaitua, que dará vida a Sara Farad.[15]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Desde 2016, mantén unha relación coa actriz española Úrsula Corberó, a quen coñeceu na serie de televisión La casa de papel.[16] Desde 2022 viven xuntos en Madrid.[17]
Filmografía[editar | editar a fonte]
Cine[editar | editar a fonte]
Longametraxes[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Director | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
2015 | A cambio de nada | Daniel Guzmán | Darío Buendía Saíz | Papel principal |
2016 | 1898. Los últimos de Filipinas | Salvador Calvo | Soldado Carvajal | Papel secundario |
2017 | El guardián invisible | Fernando González Molina | Miguel Ángel | Papel secundario |
2018 | Tiempo después | José Luis Cuerda | Ray | Papel principal |
2018 | Alegría, tristeza | Ibon Cormenzana | Borja | Papel secundario |
2020 | Hasta el cielo | Daniel Calparsoro | Ángel | Papel principal |
2022 | Canallas | Daniel Guzmán | Brujo (joven) | Papel secundario |
2022 | Modelo 77 | Alberto Rodríguez | Manuel Gómez | Papel principal |
Curtametraxes[editar | editar a fonte]
Televisión[editar | editar a fonte]
Ano | Serie | Canle | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
2017- 2021 | La casa de papel | Antena 3 / Netflix | Aníbal Cortés "Río" | 41 episodios |
2018 - 2019 | Élite | Netflix | Christian Varela Expósito | 9 episodios |
2023 | Los Farad | Amazon Prime Video | Oskar | ¿? episodios |
Premios e distincións[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2016 | Mellor actor revelación | A cambio de nada |
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2016 | Premio Talento Andaluz RTVA | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2016 | San Pancracio ao Mellor actor revelación | A cambio de nada | Gañador |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Entrevista Miguel Herrán en Fotogramas
- ↑ "Miguel Herrán cumple 20 años: conoce las 20 curiosidades de la vida del protagonista de 'A cambio de nada'". Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ "El Goya que salvó mi vida". Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ "Premios San Pancracio de Cine 2016 | caceresentumano.com". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ "El actor Miguel Herrán recibe el Premio RTVA a la proyección del talento andaluz". Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ "Miguel Herrán, el chico Spotify de la India". 26 de abril de 2016. Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ "Dil Ka Gaana Full Movie | Starring Pia Bajpai & Miguel Herran".
- ↑ "Todo lo que sabemos (de momento) sobre la tercera parte de 'La Casa de Papel'". Consultado o 23 de maio de 2018.
- ↑ Silvestre, Por Juan (2020-10-15). "Tráiler de ‘Hasta el cielo’, de Daniel Calparsoro". Fotogramas (en castelán). Consultado o 2022-09-03.
- ↑ Redacción, Por Juan Arcones y (2021-12-05). "'La casa de papel', T5: todo sobre la temporada final". Fotogramas (en castelán). Consultado o 2022-09-03.
- ↑ Casademont, Por Rafael Sánchez (2021-09-03). "Todo sobre 'La casa de papel 5'". Esquire (en castelán). Consultado o 2022-09-03.
- ↑ "Sí, habrá quinta (y hasta sexta) temporada de 'La Casa de Papel'". El Español (en castelán). 2020-04-07. Consultado o 2022-09-03.
- ↑ Press, Europa (2021-07-28). "Alberto Rodríguez inicia el rodaje de 'Modelo 77', protagonizada por dos presos en la Transición". www.europapress.es. Consultado o 2022-09-03.
- ↑ Blanes, Pepa (2022-02-05). "'Canallas', la película de Daniel Guzmán sobre la España que sobrevive". cadena SER (en castelán). Consultado o 2022-09-03.
- ↑ FormulaTV. "Amazon Prime Video ficha a Miguel Herrán y Susana Abaitua para protagonizar 'Los Farad'". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2022-09-03.
- ↑ "la-historia-de-amor-de-miguel-herran-y-ursula-corbero-ninguno-queria-tener-una-relacion-con-actores-y-hoy-llevan-cinco-anos-de-noviazgo". my.creator.gr. Consultado o 2022-09-03.
- ↑ "el-espectacular-casa-que-vive-la-pareja-miguel-herran-y-ursula-corbero-desde-2022". my.creator.gr. Consultado o 2022-09-03.