Saltar ao contido

Midori Gotō

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMidori Gotō

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 五嶋 みどり Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Osaca, Xapón Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Juilliard
Universidade de Nova York Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade do Sur de California
Manhattan School of Music (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresDorothy DeLay (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
Sitio webgotomidori.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: GoToMidori Musicbrainz: 2d476558-a49f-4fd4-aac1-4fbb2214be6c Discogs: 944523 Allmusic: mn0001628166 Editar o valor en Wikidata

Midori Gotō (五嶋 みどり Gotō Midori?), máis coñecida como Midori, nada en Osaca o 25 de outubro de 1971, é unha violinista xaponesa. Realizou o seu debut ao 11 anos de idade nun cambio de última hora dun concerto de novos intérpretes da New York Philharmonic baixo a batuta de Zubin Mehta. Aos 21 anos fundou un grupo filantrópico chamado Midori and Friends para axudar a levar a músic aos nenos da cidade de Nova York.[1] En 2007, foi seleccionada para ser Mensaxeira de Paz das Nacións Unidas.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Recibiu as súas primeiras clases de violín da súa nai, Setsu Gotō. Súa nai descubriu a musicalidade innata da súa filla cando esta tiña dous anos,, cando encontrou a Midori asubiando un tema de Johann Sebastian Bach que ela ensaiara uns días antes. Comezou tomando clases de piano, mais deixounas ao cabo de tres meses. No seu terceiro aniversario, a súa avoa regaloulle un violín 1/16, logo do cal a súa nai decidiu ensinalle violín.

Midori realizou a súa primeira interpretación en público aos seis anos de idade, tocando un dos 24 Caprichos de Paganini na súa Osaca natal. En 1982, ela e a súa nai trasladáronse a Nova York, onde Midori comezou a estudar violín con Dorothy DeLay no Juilliard Pre-College. Como obra para a súa audición, Midori tocou a Chaconne, xeralmente considerada unha das pezas máis difíciles escritas para violín só. No mesmo ano realizou o seu concerto debut coa New York Philharmonic baixo a batuta de Zubin Mehta, un director co cal gravou un bo número de concertos para o selo Sony Classical. En 1986 chegou a súa xa lendaria interpretación da Serenade de Leonard Bernstein en Tanglewood, durante a cal rompeu dúas cordas Mi, primeiro no seu propio violín Amati 7/8, e despois no Stradivarius do concertino Malcolm Lowe despois de que ela o pedira prestado. Rematou a interpretación co Guadagnini do axuda de concertino Max Hobart. Ao día seguinte, a portada no The New York Times publicou: "Girl, 14, Conquers Tanglewood with 3 Violins" ("Nena de 14 anos conquista Tanglewood con 3 violíns").[4]

Cando Midori tiña 15 anos, decidiu deixar o Juilliard Pre-College logo de aproximadamente catro anos. Uns cinco anos despois, en 1992, creou Midori and Friends, unha organización sen ánimo de lucro que pretende achegar unha educación musical de calidade aos nenos da cidade de Nova York.[2][3] En 2001, Midori recibiu o prestixioso Avery Fisher Prize e comezou un programa de fundación chamado Partners in Performance cos cartos do premio. Nos anos seguintes, Midori inaugurou dous proxectos para a comunidade máis, a University Residencies Program e a Orchestra Residencies Program.

Midori é a gañadora do 25º Suntory Music Award (1993

No ano 2000, Midori graduouse na Gallatin School da Universidade de Nova York (NYU) co graduado en psicoloxía, e conseguiu o título de máster en psicoloxía da NYU uns anos despois. Foi nomeada Presidenta do departamento de música da Thornton School of Music da Universidade do Sur de California, onde actualmente dirixe o departamento de corda. Anteriormente, estivo na facultade da Manhattan School of Music. Midori é tamén membro do consello da American String Teachers Association. En 2013 Midori foi invitada pola University of Oxford como profesora convidada do Humanitas Programme en música clásica e educación musical. Midori reside nos Ánxeles (California). Seu irmán Ryu é tamén violinista.

Instrumento

[editar | editar a fonte]

Midori toca un Guarnerius del Gesù "ex-Huberman" de 1731, que é un préstamo de por vida da Hayashibara Foundation. Os seus arcos son de Dominique Peccatte (dous) e de François Peccatte (un).

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Bach/Vivaldi: Concertos para dous violíns, Concerto para violín en Re menor de Bach, Concerto en Mi; Concerto en Dó menor de Vivaldi, Concerto en La nenor Op 3 No. 8; Philips 3/1986
  • Paganini: 24 Caprichos para violín só, Op.1
  • Bartók: Concerto Nº 1 para violín e orquestra, Op. Posth., Bartók: Concerto Nº 2 para violín e orquestra
  • Midori "Live At Carnegie Hall"
  • Dvořák: Concerto para violín e orquestra en La menor, Op. 53, Dvořák: Romanza en Fa menor para violín e orquestra, Op. 11, Dvořák: Carnival Overture, Op 92
  • Encore!
  • Sibelius: Concerto para violín e orquestra en Re menor, Op. 47, Bruch: Scottish Fantasy, Op. 46
  • Franck: Sonata para violín e piano en La Maior, Elgar: Sonata para violín e piano en Mi menor, Op. 82
  • Tchaikovsky: Concerto para violín e orquestra en Re Maior, Op. 35, Shostakovich: Concerto para violín e orquestra Nº 1 en La menor
  • Mozart: Sinfonía Concertante en Mi bemol Maior, KV. 364/320d, Mozart: Concerto en Re Maior, KV. Anh. 56 (315f)
  • Poulenc: Sonata para violín e piano, Debussy: Sonata en Sol menor para violín e piano, Saint-Saëns: Sonata Nº 1 en Re menor para violín e piano, Op. 75
  • Midori's 20th Anniversary CD
  • Mendelssohn: Concerto para violín e orquestra en Mi minor, Op. 64, Bruch: Concerto Nº 1 para violín e orquestra en Sol menor, Op. 26
  • Bach/Bartók: Sonata Nº 2 de Bach en La menor BWV 1003, Bartók: Sonata Nº 1 (con Robert McDonald)
  • The Essential Midori
  1. Wright, David (January 19, 2003). "What Has Midori Done for an Encore? Plenty". New York Times. Consultado o 30 de novembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Anon (November 2007). "Midori Goto UN Messager of Peace". Highlighting Japan (Cabinet Office, Government of Japan) 1 (4): 24–25. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2012. Consultado o 30 de novembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Anon (November 6, 2008). "Midori Goto: From prodigy to peace ambassador". CNN International website - entertainment section (Cable News Network). Consultado o 30 de novembro de 2013. 
  4. Rockwell, John (July 28, 1986). "Girl, 14, Conquers Tanglewood with 3 Violins". The New York Times. Consultado o 30 de novembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]