Michelle Perrot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michelle Perrot
Michelle Perrot juin 2016 (cropped).jpg
Nome completoMichelle Roux
Nacemento18 de maio de 1928
Lugar de nacementoParís
NacionalidadeFrancia
Alma máterFaculty of Arts of Paris e Universidade Paris 1 Panthéon-Sorbonne
Ocupaciónhistoriadora e profesora universitaria
CónxuxeJean-Claude Perrot
FillosAnne Perrot
PremiosPrémio Simone de Beauvoir, Prémio Femina de Ensaio, Commander of the National Order of Merit, comendador da Lexión de Honor, Prix de l'Union rationaliste, officier de l'ordre national du Mérite e grande oficial da Lexión de Honor
editar datos en Wikidata ]

Michelle Perrot, nada en París, o 18 de maio de 1928, é unha historiadora e feminista francesa, pioneira do estudo da historia das mulleres en Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É profesora emérita da Universidade París VII Denis Diderot[1], universidade para cal mudou nos anos 70 so o impacto de 1968 tras ter ensinado na Sorbonne, Francia. En 2009 gañou o Premio Femina de Ensaio[2]. Forma parte da xeración da Escola Nova Francesa de Estudos Sociais na Europa e é especialista na historia do século XIX. O artigo "Unha historia das mulleres é posíbel?" é precursor dos estudos da historia das mulleres no occidente. Defendeu súa tese de doutoramento sobre o movemento obreiro so a supervisión de Labrousse. Historiadora agregada participou ao lado de Foucault do grupo de discusión sobre as prisións. Promoveu un importante debate entre os historiadores e Michel Foucault publicado no libro que organizou "A imposíbel prisión". Dirixiu ao lado de Georges Duby a serie Historia da vida privada e Historia das mulleres no Occidente. Presente nos medios de comunicación presenta o programa semanal "Luns da Historia" na France Culture. A contribución fundamental da historiadora é a súa loita no movemento feminista demostrando que o traballo histórico tamén se fai permeado pola acción política no presente. A autora figura como unhas das máis célebres historiadoras da causa feminista, así como da vertente social da historia francesa.[3]

Recibiu de entre outros premios as condecoracións da Lexión de Honra e officier de l’Ordre national du mérite.

É membro do comité de padriños da coordinación francesa para a década da cultura da paz e da non-violencia.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

En francés:[editar | editar a fonte]

  1. Historia dos cuartos, París, Seuil, 2009 - Premio Femina de Ensaio 2009.
  2. As sombras da historia. Crime e castigo no século XIX, París, Flammarion, 2001.
  3. Imaxes das mulleres (con) Georges Duby, París, Plon, 1992.
  4. Os obreiros en folga, Mouton, 1974

Con outros autores:[editar | editar a fonte]

  1. Nora, P (org) Ensaios de ego-historia, Gallimard, 1987

Traducidos para o portugués:[editar | editar a fonte]

  1. Minha história das mulheres, Contexto, 2007.
  2. Mulheres ou os silêncios da História, EDUSC, 2005
  3. Mulheres públicas. UNESP, 1998
  4. Georges Duby e Michelle Perrot (dir.), História das mulheres no Ocidente, Afrontamento, 1993.
  5. Georges Duby e Michelle Perrot (dir), História da vida privada. Da Revolução Francesa à Primeira Guerra, vol 4. Cia das Letras ISBN 8535914366 9788535914368
  6. Os excluidos da história: operários, mulheres e prisioneiros. Paz e Terra, 1988

Notas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.