Michael Ventris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Ventris
Nacemento12 de xullo de 1922
Lugar de nacementoWheathampstead
Falecemento6 de setembro de 1956
Lugar de falecementoLondres
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadeReino Unido
Alma máterStowe School e Architectural Association School of Architecture
Ocupaciónlingüista, arquitecto, erudito clásico e filólogo
Coñecido pordecipherment of Linear B
PremiosKenyon Medal e oficial da Orde do Imperio Británico
Na rede
WikiTree: Ventris-21
editar datos en Wikidata ]

Michael Ventris, nado en Wheathampstead, Hertfordshire, nado o 12 de xullo de 1922 e finado o 6 de setembro de 1956 en Hatfield, foi un arquitecto inglés e estudoso do mundo clásico, que xunto con John Chadwick, foi autor do desciframento do Lineal B.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao inicio do século XX, o arqueólogo Sir Arthur Evans empezou as escavacións de Knossos, unha antiga cidade situada na illa de Creta. No transcurso destas atopou un gran número de taboíñas de arxila inscritas cunha escrita descoñecida ata o daquela. Unhas eran máis antigas e foron denominadas Lineal A. A maioría, porén, era dunha época máis recente e foron chamadas Lineal B. Evans pasou as décadas seguintes tentando descifralas pero sen éxito.

Parte do problema radicaba no propio Evans. Tiña fortes opinións sobre a natureza da civilización cretense, e estaba convencido de que o Lineal B era usado para escribir unha lingua que el hipoteticamente chamaba "minoica". Ao ter un gran peso no mundo académico, Evans conseguiu cortar de raíz calquera intento de desciframento que tivese en conta a posibilidade de que a lingua notada nas taboíñas fose grego, a pesar dalgunhas pistas que levaban a esta idea.

A teoría inicial de Ventris era que o etrusco e o 'Minoico' estaban relacionados e que isto podería proporcionar unha clave para o seu desciframento e aínda que esta vía se mostrou incorrecta, foi o camiño que el seguiu ata principios dos 50.

Un pouco antes da morte de Evans, Alice Kober notou que algunhas palabras en inscricións en Lineal B rexistraban variacións en final de palabra, se cadra declinacións ao xeito do latín ou o grego. Seguindo este indicio, Michael Ventris construíu unha serie de táboas que asociaban os símbolos das taboíñas con consoantes e vogais.

Algunhas taboíñas en Lineal B foran descubertas na Grecia continental e había razóns para crer que algunha das cadeas de símbolos que el atopara nas taboíñas cretenses eran nomes. Decatouse de que algúns nomes só aparecían nos textos cretenses e elaborou a inspirada conxectura de que eses nomes eran de cidades da illa. Isto resultou ser correcto. Armado cos símbolos que puido descifrar deste xeito, Ventris deu lido rapidamente moitos textos, e determinou que a lingua que subxacía no lineal B era o grego. Isto desbotou as teorías de Evans en relación á historia minoica, e estableceu que a civilización cretense, polo menos nos períodos tardíos asociados coas taboíñas en lineal B, formaba parte da Grecia micénica.

Poucos anos despois de descifrar o lineal B en 1951-1953, Ventris morreu nun accidente de automóbil aos 34 anos.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Ventris, Michael e Chadwick, John. Documents in Mycenaean Greek. Cambridge University Press, 1956. ISBN 0-521-08558-6
  • Chadwick, John. The Decipherment of Linear B. Cambridge University Press|, 1958. ISBN 0-521-39830-4

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]