Michael Sata
![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1937 ![]() Mpika, Zambia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 28 de outubro de 2014 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Causa da morte | doenza ![]() |
Lugar de sepultura | Embassy Park (en) ![]() ![]() |
Presidente de Zambia | |
23 de setembro de 2011 – 28 de outubro de 2014 ← Rupiah Banda – Guy Scott → | |
Deputado da Asemblea Nacional de Zambia | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Lusaca Londres ![]() |
Ocupación | político, sindicalista ![]() |
Partido político | Fronte Patriótica Movemento por unha Democracia Multipartidaria Partido Unido da Independencia Nacional ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Christine Kaseba ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Michael Chilufya Sata , nado en 1937 en Mpika, antiga Rodesia do Norte[1] e finado o 29 de outubro de 2014 en Londres foi un oficial de policía, taxidermista, ferroviario, sindicalista e político zambiano que resultou o quinto Presidente de Zambia, asumindo o cargo o 23 de setembro de 2011 e continuando no poder até o seu falecemento, o 28 de outubro de 2014.[2]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Lidera a Fronte Patriótica de Zambia (PF), un importante partido político do país. Durante a presidencia de Frederick Chiluba, na década dos 90, Sata era ministro como parte do Movemento para a Democracia Multipartidaria (MMD), entón no goberno. Volveuse opositor no 2001, formándose o PF. Como líder da oposición, Sata foi popularmente coñecido como o Rei Cobra (King Cobra), porque emerxeu como candidato opositor rival de Levy Mwanawasa na eleccións de 2006 sendo, non obstante, derrotado. Tras a morte do presidente Mwanawasa, Sata postulouse novamente como presidente e foi derrotado por Rupiah Banda, en 2008. Finalmente vencería nas eleccións xerais de 2011 o entón presidente Rupiah Banda, co 42% dos votos.
Morreu no hospital King Edward VII de Londres, mentres se trataba dunha afección.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "China's stake in Zambia's election", BBC, 19 de setembro de 2011.
- ↑ Sata, Michael Chilufya (xaneiro de 2012). "We are social democrats". global-briefing.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2023. Consultado o 13 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Biografía por CIDOB Arquivado 06 de decembro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
Predecesor: Rupiah Banda |
Presidente de Zambia 2011 - presente |
Sucesor: Guy Scott (interino) |