Frederick Chiluba
Frederick Chiluba | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de abril de 1943 |
Lugar de nacemento | Kitwe |
Falecemento | 18 de xuño de 2011 |
Lugar de falecemento | Lusaca |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Embassy Park |
Nacionalidade | Zambia |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jacob Frederick Chiluba, nado en Ndola, Zambia o 30 de abril de 1943 e finado o 18 de xuño de 2011,[1] foi un político zambiano, presidente do seu país durante o período 1991-2002.
Foi fillo de Jacob Titus Chiluba Nkonde e Diana Kaimba. Asistiu á escola secundaria de Kawambwa, onde iniciou a súa actividade política ligado ao marxismo. Completou o seu certificado xeral en educación vía correspondencia, estudando economía.
Tras a obtención da independencia de Zambia, formou unha colectividade política denominada “Movemento por unha Democracia Multipartidaria”. En 1981 foi presidente do Congreso de Sindicalistas de Zambia, exiliado en 1987 por desordes contra o goberno de Kenneth Kaunda.
En 1990 regresou para colaborar na apertura democrática, sendo candidato presidencial da súa colectividade, logrando un triunfo fronte á opción que representaba Kaunda. Reelixido en 1996, durante o seu mandato transformou a economía cara a un sistema capitalista de libre mercado. Privatizou diversas empresas estatais e estranxeiras e alentou o investimento privado.
Entre diversas acusacións de malversación de fondos e outros casos de corrupción da súa administración, deixou o seu cargo en xaneiro de 2002, sendo sucedido polo seu vicepresidente Levy Patrick Mwanawasa, retirándose da vida pública.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fallece Frederick Chiluba, expresidente de Zambia". BBC Mundo. 18 de xuño de 2011. Consultado o 18 de xuño de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frederick Chiluba ![]() |
Presidente de Zambia | ||
---|---|---|
Segue a: Kenneth Kaunda |
Frederick Chiluba | Precede a: Levy Patrick Mwanawasa |
Movement for Multipartidary Democracy - MMD |