Guy Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuy Scott

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Guy Lindsay Scott Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Livingstone (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
President of Zambia (en) Traducir
28 de outubro de 2014 – 25 de xaneiro de 2015
← Michael SataEdgar Lungu →
Vice President of Zambia (en) Traducir
23 de setembro de 2011 – 28 de outubro de 2014
← George Kunda (en) TraducirInonge Wina (pt) Traducir →
Membro da Assembleia Nacional da Zâmbia (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeZambia Editar o valor em Wikidata
EducaciónPeterhouse Boys' School (en) Traducir
Trinity College
Universidade de Sussex (pt) Traducir
Trinity Hall (pt) Traducir
Springvale House (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , economista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFrente Patriótica (Zâmbia) (pt) Traducir
Movimento para a Democracia Multipartidária (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Guy Lindsay Scott, nado o 1 de xuño de 1944, é un político zambiano que foi presidente interino de Zambia tras a morte do presidente Michael Sata o 28 de outubro de 2014. Previamente foi vicepresidente de Zambia desde 2011 até 2014. É o primeiro branco en asumir unha xefatura de estado en África desde que Frederik de Klerk deixase de ser o presidente de Suráfrica.

Primeiros anos e logros profesionais[editar | editar a fonte]

Guy Lindsay Scott naceu en 1944 en Livingstone, Rodesia do Norte (hoxe Zambia). Seu pai, Alec Scott, emigrara a Zambia desde Escocia en 1927, mentres que súa nai, Grace, viñera de Inglaterra en 1940.

Completou a súa educación en Peterhouse, Rodesia do Sur (hoxe Zimbabue) e no Reino Unido na Universidade de Cambridge e na Universidade de Sussex, onde obtivo unha licenciatura en economía e un doutoramento en ciencias cognitivas respectivamente. A súa participación na política de Zambia foi inspirada polo seu pai, quen era un aliado dos nacionalistas e un dos fundadores dos xornais do goberno anticoloniais. Durante a década de 1950, o seu pai era un membro do Parlamento Federal de Lusaka.

Despois de graduarse no Trinity Hall, en Cambridge en 1965, Scott uniuse ao goberno de Zambia, onde traballou no Ministerio de Facenda como un planificador. Tamén foi o director adxunto da Economía e negocios de África oriental e central durante este período.

En 1970, Scott creou Walkover Estates. Esta era unha empresa agroindustrial, que se aventurou en cultivos de alto valor, tales como o trigo de rega, amorodos, e unha ampla gama fóra do grupo de verduras. Posteriormente, púxose a estudar robótica na Universidade de Oxford durante a década de 1980.

Completou un doutoramento en Intelixencia Artificial da Universidade de Sussex e entregóuselle o título de doutor en 1986. O título da tese de Scott foi "interpretación local e global das imaxes en movemento".

Casou con Charlotte Scott e tiveron 4 fillos.

Carreira política[editar | editar a fonte]

En 1990, uniuse ao Movemento pola Democracia Multipartidista (MMD), onde foi elixido para ocupar a Presidencia da Comisión de Agricultura na primeira convención.

Foi elixido membro do Parlamento polo distrito electoral de Mpika baixo o MMD durante a elección de 1991 e foi nomeado posteriormente como Ministro de Agricultura, Alimentación e Pesca. Tras presidir unha serie de reformas políticas, tivo que facer fronte á Seca do Século entre xaneiro e febreiro de 1992 que deixou todo o sur de África sen colleitas de millo, polo que Scott impulsou o plan de trasladar desde as estranxeiro cantidades de millo en vías ferroviarias en mal estado cara a Zambia.

En 1996 sepárase do MMD para formar xunto a Ben Kapita o Partido Lima. Máis tarde fusionaríanse o Partido Lima e outros partidos incluíndo ZADECO de Dean Mungomba e forman ZAP. En 2001, regresou á política e uniuse á Fronte Patriótica, volvendo á Asemblea Nacional despois de ser elixido deputado por Lusaka nas eleccións xerais de 2006.

Vicepresidente e presidencia interina[editar | editar a fonte]

A elección presidencial levouse a cabo o 20 de setembro de 2011, e os resultados finais anunciáronse o 23 de setembro resultando o candidato presidencial da Fronte Patriótica, Michael Sata, gañador por riba de MMD do presidente saínte, Rupiah Banda, por unha ampla marxe. Guy Scott foi posteriormente nomeado vicepresidente da República de Zambia, o 29 de setembro de 2011.

Despois da repentina morte do presidente Sata o 28 de outubro de 2014, Scott en calidade de vicepresidente asumiu a presidencia interina de Zambia durante un lapso de 90 días até a celebración de novas eleccións. O nome de Scott como posible candidato presidencial quedou en dúbida pois a constitución prohibe a candidatura dun cidadán que teña antepasados inmigrantes en polo menos 3 xeracións. Esta lei foi aprobada durante o goberno de Frederick Chiluba para evitar a postulación de Kenneth Kaunda (cuxo pai nacera en Malawi).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Michael Sata
Presidente de Zambia
(interino)

2014-2015
Sucesor:
Edgar Lungu