Michael Powell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Michael Powell
Michael Powell-1943.jpg
Nome completoMichael Latham Powell
Nacemento30 de setembro de 1905
LugarBekesbourne, Kent
Falecemento12 de febreiro de 1990
LugarAvening, Gloucestershire
Causacancro
NacionalidadeReino Unido Reino Unido
Educado enDulwich College
Parella(s)Pamela Brown
Cónxuxe(s)Gloria Mary Rouger (1927–1927)
Frankie Reidy (1943–1983)
Thelma Schoonmaker (1984–1990)
ProfesiónDirector, produtor
editar datos en Wikidata ]

Michael Latham Powell, nado en Bekesbourne (Kent) o 30 de setembro de 1905 e finado en Avening (Gloucestershire) o 19 de febreiro de 1990 foi un director de cinema inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Powell comezou na industria do cinema en 1925, co director Rex Ingram, traballando nos Victorine Studios en Niza, emprego que conseguiu por un contacto do seu pai, que tiña un hotel na cidade. De volta a Inglaterra en 1928, seguiu facendo diversos traballos no cinema, participando en filmes de Alfred Hitchcock como Champagne e Blackmail. Powell e Hitchcock continuaron sendo amigos toda a súa vida.

Tras escribir varios guións debutou como director en 1931 con Two Crowded Hours, sendo contratado como director en 1939 por Alexander Korda. A través de Korda coñeceu o refuxiado húngaro Emeric Pressburger, co que formaría parella artística, co nome de "The Archers", durante dezanove filmes.

A súa carreira sufriu un revés co fracaso do thriller psicolóxico Peeping Tom, que realizou en solitario, controvertido polas súas imaxes violentas e sexuais.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]