Mergullón bicogroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mergullón bicogroso
En plumaxe de verán
En plumaxe de verán
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Podicipediformes
Familia: Podicipedidae
Xénero: Podilymbus
Especie: Podilymbus podiceps
(Linnaeus, 1758)
Distribución do mergullón bicogroso

Distribución do mergullón bicogroso
Sinonimia

Colymbus podiceps Linnaeus, 1758

O mergullón bicogroso[2][3] (Podilymbus podiceps) é unha especie de ave acuática da familia dos mergullóns, Podicipedidae. Como a especie Podilymbus gigas xa se estinguiu, esta é a única especie existente do xénero Podilymbus.[4] Vive principalmente en lagoas de case todo o continente Americano.[5][6][7]

Taxonomía e nome[editar | editar a fonte]

O mergullón bicogroso foi descrito por Carl Linnaeus na 10ª edición da súa obra Systema Naturae en 1758 co nome Colymbus podiceps.[8] Despois foi transferido ao xénero Podilymbus. O seu nome binomial Podilymbus é unha contracción da palabra latina podicipes (o nome xenérico dos mergulladores) e a grega kolymbos, 'mergullar', mentres que o nome específico podiceps, vén do latín podex, podicis, 'rabadilla, cu, ano' + pes, 'pé', é dicir, 'pés no cu' por estares estes inseridos tan atrás no corpo.[9]

Fóra do seu propio xénero, os parentes máis próximos destas especie son os pequenos mergullóns do xénero Tachybaptus.[10]

Subspecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense as seguintes subespecies:[11]

Descrición[editar | editar a fonte]

Son aves robustas, pequenas e de pescozo curto, que miden de 31 a 38 cm de longo, cunha envergadura alar de 45 a 62 cm e un peso de 253 a 568 g.[12] Son principalmente marróns, cun píleo e dorso escuros.[13] A súa cor marrón serve como camuflaxe nos pantanos onde viven.[14] A parte inferior das ás, que se ve en voo, non é branca, como noutros mergullóns.[15] A parte subcaudal é branca[13] e teñen un curto bico romo parecido ao das galiñas de cor gris clara,[5][13] que no verán está cruzado por unha banda negra ancha. En verán, teñen a gorxa negra.[5] Non hai dimorfismo sexual.[15] Os exemplares novos teñen liñas negras e brancas e parécense máis a adultos en plmaxe invernal.[5] Este mergullón non ten os pés palmados. As súas dedas teñen lobos que sobresae pola parte lateral da deda, e que facilitan que poida impulsarse ao nadar.[5] Cando voan, os pés parecen quedar por detrás do corpo, debido á súa situación moi traseira no corpo.[13]

Pode confundirse co Tachybaptus dominicus, aínda que esa especie é moito menor e ten un bico máis fino. Outros mergullóns de tamaño similar teñen unha plumaxe moi distinta, é dicir, como o mergullón orelleiro e o mergullón real. Ambas as especies teñen unha plumaxe moito máis colorida, con laterais marróns avermellados, cristas douradas na parte lateral da cabeza sobre a contrastante cor lousa (tamén marrón avermellada no mergullón real); mentres que en inverno, tanto o real coma o orelleiro son de cor branca e negra con cores lousa e crema e teñen ollos vermellos.

Vocalización[editar | editar a fonte]

A súa chamada é inconfundible, alta e soa como un "ouleante kuk-kuk-cow-cow-cow-cowwp-cowp"."[16] A chamada é similar á do cuco Coccyzus americanus.[14]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Encóntranse principalmente en América do Norte, Central e do Sur todo o ano. Durante a estación reprodutora do verán, son máis abundantes no centro norte e noroeste de Canadá.[5] Se viven nunha área onde se conxela a aurga en inverno, migran. As aves migrantes xeralmente xúntanse coas aves que viven alí todo o ano en setembro e outubro.[17] Migran de noite.[5] A maioría das aves migratorias parten en marzo e abril.[17] Fan aparicións ocasionais en Europa (en Galicia é unha ave accidental[3]) e Hawai.[5] No Reino Unido foron avistadas 37 veces en 2007, e aparecen en xeral de outubro a xaneiro.[18] Unha desta aves reproduciuse en Inglaterra cun mergullón pequeno, producindo unha cría híbrida.[19] É o único mergullón rexistrado que visitou as illas Galápagos.[20]

Os mergullóns encóntranse en zonas húmidas de auga doce con vexetación emerxente, como Typha.[16] Encóntranse ocasionalmente en augas salgadas. Cando se reproducen atópanse en vexetación emerxente preto de augas abertas e en inverno principalmente en augas abertas debido a que non teñen niños que coidar. Poden vivir preto de ríos, pero prefiren as augas calmas. Poden tamén atoparse a maiores alturas cando migran.[17] Poden reroducirse en zonas húmidas restauradas e feitas polo home.[17]

Viven aproximadamente de 10 a 12 anos.[15]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Cría nadando no Lago Washington

Raramente voan. Fan lentos mergullos frecuentemente, especialmente cando están en perigo, mergullándose ata uns 6,1 m ou menos.[5][15] Mergúllanse durante uns 30 segundos e poden desprazarse a unha área máis apartada das augas, asomando só a cabeza para ollar se o perigo desapareceu.[15] Esta frecuencia de mergullos valeulle a descrición de ser de natureza solitaria ou tímida.[6][16] É raro que formen bandadas.[17] O seu cortexo inclúe chamadas e ás veces dúos.[17] Os machos mostran un comportamento territorial se outro macho se achega ao límite do seu territorio. Póñense enfronte e xiran a cabeza e bico. Despois dan a volta e empezan a facer as chamadas. Despois danse de novo a volta e ollan un para o outro.[15]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Ovos de P. podiceps en Bogotá

Reprodúcese na parte centro sur do Canadá, non Estados Unidos, América Central, o Caribe, e a zona temperada de América do Sur.[12] Poden poñer ata sete ovos ao ano,[15] que sitúan os niños en zonas acuáticas, enriba de vexetación acuática.[16] Os ovos son brancos azulados e elípticos e a incubación dura 23 días. É a femia a que empeza a incubación,[5][15] despois fana ambos proxenitores e a femia faise cargo ao final da incubación.[15][17] Cobren o niño con vexetación se teñen que ausentarse por tempo relativamente prolongado.[17]

As crías poden abandonar o niño un día despois de faceren eclosión. Teñen penuxe ao nacer e véselle a pel amarela ente os loros e na parte superior da cabeza.[15] Non nadan ben e permanecen fóra da auga. Dormen sobre as costas dos seus proxenitores. Tardan catro semanas en empezar a nadar.[5] Cando son alertados soben ao dorso dun dos pais. Cando finalmente maduran o suficiente para mergullarse, mergúllanse xunto cos seus pais.[5][16] Ambos os pais comparten os traballos da crianza dos polos, tanto para alimentalos coma para levalos ás costas.[17] Por veces os pais mergúllanse para buscar alimento cos fillos nas costas.[15]

Dieta[editar | editar a fonte]

Adulto con dous xoves alimentándose de cangrexos de río

Os mergullóns bicogroso aliméntanse principalmente de invertebrados acuáticos, e tamén de pequenos peixes e anfibios (ras, cágados). Mergúllanse para conseguir a comida.[5] Os seus bicos permítenlles esmagar crustáceos, como os cangrexos de río.[5][17] Poden tamén comer plantas.[7] Foron observados comendo as súas propias plumas, como outros mergullóns, como axuda para facer a dixestión (impide que os ósos pequenos do alimento causen lesións).[21] Tamén alimentan coas súas plumas as crías.[17]

Ameazas[editar | editar a fonte]

Son extremadamente sensibles a ser molestados, especialmente polos humanos. Cando se están reproducindo, se teñen medo, os adultos poden abandonar os niños sen protexer os ovos. As ondas creadas por botes poden destruír os niños e o seu ruído pode asustar doadamente estas aves.[14]

Na cultura[editar | editar a fonte]

As súas plumas son grosas e suaves e eran antes usadas como decoración de sombreiros e orelleiras e por esa razón eran cazados no leste dos Estados Unidos no século XIX.[14][15]

Status[editar | editar a fonte]

Os mergullóns están declinando en Nova Inglaterra, aínda que non se sabe a razón.[17] Os estados de Connecticut e Nova Hampshire declararon o mergullón bicogroso especie en perigo. En Nova Jersey[14] e Massachusetts, foron declarados especie ameazada. En Vermont son especie "especialmente preocupante". En Rhode Island están localmente extintos.[15]

A perda de hábitat é a maior ameaza do mergullón. A drenaxe, recheo e destrución xeral das zonas húmidas causa a perda dos seus hábitats reprodutores.[14] Porén, son aínda comúns na maioría das súas áreas de distribución.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Podilymbus podiceps". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Miller, Eliot (2018). "Out on a Limb: Birding in the Phylogenetic Tree". Living Bird (Autumn): 25. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 "Pied-billed Grebe". Bird Guide. The Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 12 August 2012. 
  6. 6,0 6,1 "Pied-billed Grebe – Podilymbus podiceps". NatureWorks. Consultado o 12 August 2012. 
  7. 7,0 7,1 "Pied-billed grebe". Birds. Illinois Natural History Survey. Consultado o 12 August 2012. 
  8. Linnaeus, Carolus (1758). Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata (en Latin). Stockholm: Laurentius Salvius. p. 136. 
  9. Cabard P. and Chauvet B. (2003). Etymologie des noms d'oiseaux Belin Eveil éditeur, France ISBN 2-7011-3783-7
  10. Christidis, Les; Walter E. Boles (2008). Systematics and Taxonomy of Australian Birds. CSIRO. p. 67. ISBN 0643065113. 
  11. "Grebes". International Ornithological Congress. Consultado o 2015-01-06. 
  12. 12,0 12,1 Muller, M. J., and R. W. Storer. Pied-billed Grebe (Podilymbus podiceps). In The Birds of North America, No. 410 (A. Poole and F. Gill, eds.). Philadelphia, PA: The Birds of North America, Inc., 1999.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 "Pied-billed grebe Podilymbus podiceps". USGS. Consultado o 12 August 2012. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 "Pied-billed Grebe, Podilymbus podiceps" (PDF). State of New Jersey. Consultado o 12 August 2012. 
  15. 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 15,10 15,11 15,12 "Pied-billed Grebe". Department of Energy & Environmental Protection. State of Connecticut. Consultado o 12 August 2012. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Fisher, Chris C. & Joseph Morlan (1996). Birds of San Francisco and the Bay Area. Auburn: Lone Pine Publishing. p. 19. ISBN 978-1-55105-080-5. 
  17. 17,00 17,01 17,02 17,03 17,04 17,05 17,06 17,07 17,08 17,09 17,10 17,11 17,12 "Pied-billed Grebe". Grebes. Seattle Audubon Society. Consultado o 12 August 2012. 
  18. "Pied-billed Grebe Podilymbus podiceps". Grebes. British Trust for Ornithology. Consultado o 12 August 2012. 
  19. Newton, Ian (2008). The Migration Ecology of Birds. London, UK: Academic Press. p. 291. ISBN 978-0-12-517367-4. 
  20. Andy Swash; Rob Still (2005). Birds, Mammals, and Reptiles of the Galapagos Islands: An Identification Guide (2nd ed.). Yale University Press. p. 58. ISBN 978-0-300-11532-1. Consultado o 11 August 2012. 
  21. Ehrlich, Paul; David Dobkin, and Darryl Wheye (1988). The Birder's Handbook. New York: Simon and Schuster.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]