Melanargia occitanica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Melanargia occitanica

Melanargia occitanica
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: Melanargia
Especie: M. occitanica
Esper, 1793

A Melanargia occitanica é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae. Esténdese polo suroeste de Europa e noroeste de África.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

Existen tres subespecies que habitan illadamente:

Descrición[editar | editar a fonte]

Imago[editar | editar a fonte]

A súa envergadura alar está entre 40 e 48 mm. Destaca por ser branca con manchas negras distribuídas por todas as ás. Presenta ocelos nas ás posteriores con pupila azul (máis visibles no anverso, onde se mostran 6) e un par máis pequenos en ápice do reverso das anteriores. Diferénciase do resto de especies do xénero sobre todo pola súa venación marrón ao dorso das ás e tamén porque a liña marrón lonxitudinal curvada a s1b está unida en ambos os extremos a v1b.[2][3][4]

Larva[editar | editar a fonte]

Eiruga verde ou ocre cuberta dunha curta e fina pilosidade pouco densa, con tres franxas máis escuras, as dos lados acabadas cada unha cunha pequena cola escura. Mostra actividade nocturna.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Áreas herbosas, rochosas, cálidas e secas. A eiruga aliméntase de varias gramíneas tales como Brachypodium pinnatum, Brachypodium retusum, Dactylis glomerata, Lygeum spartum, Stipa lagascae, Stipa offneri...[1]

Período de voo[editar | editar a fonte]

Univoltina, unha xeración ao ano entre abril e xuño en Europa e entre maio e xuño en África. Hiberna como eiruga entre a vexetación da terra.[1]

Especies ibéricas similares[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]