Melanargia galathea
Melanargia galathea | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Melanargia galathea' (Linnaeus, 1758) |
A Melanargia galathea é unha especie de lepidóptero ditrisio da subfamilia Satyridae propia de Europa e Norte de África até Irán.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os machos teñen unha envergadura duns 53 milímetros, e as femias, duns 58.[1] As ás son brancas con manchas negras moi marcadas que debuxan un patrón axadrezado. A especie deu lugar a unha serie de variedades cromátidas e razas xeográficas.[2][3] Voa desde o nivel do mar até os 1600 metros.
Os adultos aparecen normalmente en xuño ou xullo, ocasionalmente fin de maio a principios de setembro en cotas máis elevadas. Período de voo univoltino. A femia pon os ovos, os cales deixa caer en voo, sobre a vexetación que será o alimento das larvas.
Son atraídos polas flores de Centaurea, Cirsium, Carduus e Scabiosa.
Especies ibéricas semellantes
[editar | editar a fonte]Na Península Ibérica voan nos seus diferentes territorios outras catro Melanargia:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "UK Butterflies - Marbled White - Melanargia galathea". UK Butterflies (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2012.
Wingspan - Male: 53mm - Female: 58mm
- ↑ http://www.asturnatura.com/especie/melanargia-galathea.html Melanargia galathea
- ↑ http://www.eurobutterflies.com/sp/galathea.php Melanargia galathea
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tolman, Tom (2011). Mariposas de España y Europa. Lynx Edicions. ISBN 9788496553842.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- UK Butterflies - Marbled White - Melanargia galathea (en inglés)
- Butterflies of Europe - Melanargia galathea (en inglés)