Melanargia ines
Melanargia ines | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Melanargia ines - Medioluto Inés | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
|
A Melanargia ines é un lépidoptero pertencente á familia das Nymphalidae, subfamilia das Satyrinae e ao xénero Melanargia.[1]
Denominación
[editar | editar a fonte]Melanargia ines foi descrita por Johann Centurius von Hoffmannseggen en 1804.[2]
Subespecies
[editar | editar a fonte]- Melanargia ines ines que presenta diferentes formas:
- Melanargia ines f. hannibal Stauder, 1913; en Alxeria a Biskra, El Kantara e Constantina.
- Melanargia ines var. fathme Wagner, 1913; en Tunisia.
- Melanargia ines ab. completa Oberthür, 1915; en Alxeria en Beni-Ounif.
- Melanargia ines f. minima Houlbert, 1923; en España
- Melanargia ines f. semi-reducta Houlbert, 1923; en Alxeria e Tunisia.
- Melanargia ines arahoui Tarrier, 1995; en Tizi-n-Taghatine en Marrocos.
- Melanargia ines colossea Rothschild, 1917; en Marrocos en Rabat.
- Melanargia ines henrike Eitschberger, 1972; en Alxeciras en España.
- Melanargia ines jahandiezi Oberthür, 1922; no val da Reraya en Marrocos.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha bolboreta de tamaño mediano que presenta nas ás anteriores un debuxo delimitado en negro e branco cun bocelo no ápice e nas ás posteriores unicamente os debuxos dos contornos das súas ás cunha liña de ocelos.
O dorso debuxa en negro os límites dos debuxos e os ocelos do ápice das ás anteriores e os ocelos en liña son visibles de cor marrón clara, pupila azul e un círculo de dúas liñas brancas negras aliñadas.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Período de voo e hibernación
[editar | editar a fonte]Univoltina, o período de voo esténdese de final marzo a final xuño nunha soa xeración.[4][5]
Plantas hospedeiras
[editar | editar a fonte]A eiruga aliméntase de gramíneas, en particular Brachypodium pinnatum,[6][7]
Ecoloxía e distribución
[editar | editar a fonte]Melanargia ines está presente en África do Norte, Marrocos, Alxeria, Tunisia e Libia e en todoPortugal e España (salvo a zona a máis ao norte).[6]
Biotopo
[editar | editar a fonte]Reside en lugares con herba seca, áreas rochosas, compartindo hábitat frecuentemente con Melanargia occitanica.
Amparo
[editar | editar a fonte]Está en status de especie ameazada en Marrocos.[3]
Especies semellantes de Europa occidental e Magreb
[editar | editar a fonte]- Melanargia arge - en Italia.
- Melanargia galathea
- Melanargia lachesis
- Melanargia larissa
- Melanargia occitanica - no suroeste de Europa, en África do Norte e en Sicilia.
- Melanargia pherusa - en Sicilia.
- Melanargia russiae - presente dende o sur de Europa ata o centro de Asia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.eurobutterflies.com/sp/ines.php Melanargia ines
- ↑ http://www.lepidoptera.eu/show.php?ID=5320 Melanargia ines
- ↑ 3,0 3,1 "parque natural de Ifrane". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2011. Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ Tolman & Lewington 1997
- ↑ http://www.butterfly-guide.co.uk/species/satyrids/andal17.htm Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. butterfly Guía - Melanargia ines
- ↑ 6,0 6,1 www.nic.funet.fi
- ↑ Tolman & Lewington, Mariposas de España y Europa 1997
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lionel G. Higgins e Norman D. Riley, Guía de las mariposas de Europa, Neuchâtel, Delachaux e Niestlé , 1971. ISBN 978-2-603-01649-7