Medalla Emperatriz da India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla Emperatriz da India

Medalla Emperatriz da India (ouro)
Outorgada por Vitoria do Reino Unido
Tipo Recoñecemento
Graos Prata e ouro
Lema Empress of India
Elixibilidade Príncipes, e funcionarios civís e militares.
Outorgada por Servizos prestados na India Británica.
Estado Reino Unido Reino Unido
Estadísticas
Establecida 1 de xaneiro de 1877

A medalla Emperatriz da India é unha medalla conmemorativa británica que foi concedida con motivo da proclamación da raíña Vitoria do Reino Unido como Emperatriz da India en 1877.

Trátase da primeira medalla para conmemorar unha efeméride no Imperio Británico que se podía levar posta.

Caracterización[editar | editar a fonte]

A medalla fabricouse en dúas versións, en ouro e en prata, con idéntico deseño. En ambos os casos, o seu diámetro é de 58 milímetros.[1][2][3]

No seu anverso represéntase un busto diademado e coroado da raíña Vitoria ollando cara á esquerda, cun velo que cae sobre a caluga e o pescozo. A ambos os lados amosa a inscrición VITORIA 1ST JANUARY, coa data de 1877 no exergo.[3][4]

O reverso está ocupado pola inscrición EMPRESS OF INDIA ("Emperatriz da India") en inglés, en hindustano e en persa, todo rodeado por un elemento decorativo xeométrico.[3][4]

Non é unha medalla nominativa, aínda que nalgúns dos casos se lle gravou posteriormente de xeito privado o nome da persoa receptora.[5]

A medalla vai acompañada por unha fita de 42 milímetros para a colocar arredor do pescozo.[6] Esta fita é de cor carmesí, con raias finas de cor amarela nos bordos.[3]

Concesión[editar | editar a fonte]

A medalla concedeuse en dous graos, en ouro e en prata; a primeira para príncipes e altos funcionarios indios, e a segunda para oficiais militares e civís británicos e indios, así como a un soldado de cada rexemento británico e indio en servizo naquel territorio no momento das celebracións da proclamación na asemblea coñecida como Delhi Durbar, do 1 de xaneiro de 1877.[6][7][8]

Os oficiais e os soldados uniformados dos exércitos británico e indio non podían levar posta a medalla, en tanto que os príncipes e os civís indios si que a portaban adoito.[4][8]

Cerimonia[editar | editar a fonte]

Durante o Delhi Durbar no que se proclamou a Vitoria como Emperatriz da India, o vicerrei, adobiado coas roupaxes do gran mestre da Orde da Estrela da India, recibiu por quendas a cada un dos 63 gobernantes da India:

Consonte relata o mariscal de campo Frederick Sleigh Roberts:[9]

O vicerrei colocou arredor do pescozo do príncipe unha fita carmesí, á que estaba atada unha medalla de ouro moi fermosa coa cabeza da Raíña gravada nela, e engadía: "Condecórote por orde da Súa Maxestade; que leves esta medalla durante moito tempo e que a túa familia a conserve como unha reliquia en lembranza da auspiciosa data que leva.

Receptores[editar | editar a fonte]

Estes son as 28 persoas que foron recoñecidas coa concesión da medalla Emperatriz da India:[10]

  • Chandra Shumsher Jang Bahadur Rana (1863-1929).
  • Ayilyam Thirunal (1832-1880).
  • Renaudip Singh Bahadur (1825-1885).
  • Ranbir Singh (1830-1885).
  • Jayajirao Scindia (1835-1886).
  • Sayajirao Gaekwad III (1863-1939).
  • Sultá Jahan, Begum de Bhopal (1838-1901).
  • Mahbub Ali Khan (1866-1911).
  • Jashwant Singh de Bharatpur (1851-1893).
  • Kaikhusrau Jahan, Begum de Bhopal (1858-1930).
  • Vijaya Mohana Muktamba Bai (1845-1886).
  • Hira Singh Nabha (1843-1911).
  • Kalb Ali Khan (1834-1887).
  • Bhagvat Singh (1865-1944).
  • Rameshwar Singh Bahadur (1860-1929).
  • Ramachandra Tondaiman(1829-1886).
  • Khengarji III (1866-1942).
  • Muhammad Mushtaq Ali Khan (1856-1889).
  • Shivaji VI (1863-1883).
  • Visakham Thirunal (1837-1885).
  • Pratap Singh de Jammu e Kashmir (1848-1925).
  • Jang Bahadur Rana (1816-1877).
  • Kasturchand Daga (?-1917)
  • Sarmal Rajput Clan.
  • Shivaji VI (1863-1883).
  • Nripendra Narayan (1862-1911).
  • Lakshmeshwar Singh (1858-1898).
  • Raghubir Singh Jind (1834-1887).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Empress of India Medal (Gold)". Orders & Medals Society of America.
  2. "Empress of India Medal (Silver)". Orders & Medals Society of America.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Empress of India Medal (1877)". Imperial War Museums.
  4. 4,0 4,1 4,2 Tancred, G. (1891). Historical Record of Medals and Honorary Distinctions Conferred on the British Navy, Army & Auxiliary Forces: From the Earliest Period. Spink & Son, Londres. Páxinas 295-296.
  5. Mussell, J. W. (2015). Medal Yearbook 2015. Token Publishing, Devon. Páxina 278.. ISBN 978-1-908-828-16-3
  6. 6,0 6,1 McCreery, C. (2012). Commemorative medals of the Queen's reign in Canada, 1952-2012. Dundurn Press, Toronto. Páxina 19. ISBN 9781459707566
  7. "Empress of India Medal". Orders & Medals Society of America.
  8. 8,0 8,1 Dorling, H. T. (1956). Ribbons and Medals. Baldwin & Son, Londres. Páxina 107.
  9. Roberts, F. S. (1898). Forty-One Years in India. Bentley, Londres. Páxina 333. Reedición de 2005. ISBN 978-1402177422
  10. "Recipients of the Empress of India Medal". Famousfix.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]