Mathias Rust

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mathias Rust
Nacemento1 de xuño de 1968
Lugar de nacementoWedel
NacionalidadeAlemaña
RelixiónHinduísmo
Ocupaciónaviador, xogador de póker e activista pola paz
Na rede
IMDB: nm0751799 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Traxecto de voo de Mathias Rust na súa incursión á Unión Soviética.

Mathias Rust, nado en Wedel o 1 de xuño de 1968, é un aviador alemán coñecido pola súa aterraxe ilegal preto da Praza Vermella en Moscova o 28 de maio de 1987, con dezanove anos de idade, voou dende Hamburgo até Moscova cun Cessna 172B. Logo de atravesar a defensa aérea soviética chegou a aterrar preto do Kremlin.

O voo a Moscova[editar | editar a fonte]

Avión de Mathias Rust (Deutsches Technikmuseum Berlin).

Tras engalar de Uetersen o 13 de maio, Rust encheu a súa avioneta alugada Cessna 172 B (D-ECJB) a mañá do 28 de maio de 1987 no aeroporto de Helsinqui- Malmi. Informou ao control de tráfico aéreo que o seu destino era Estocolmo, pero modificou o seu rumbo cara ao leste para desaparecer do espazo aéreo finés á altura de Sipoo con dirección ás costas do Báltico, virando finalmente cara a Moscova. Penetrou na Unión Soviética nun día festivo dos gardas fronteirizos, voando directamente cara a Moscova, onde aterrou na Praza Vermella, sendo posteriormente arrestado por oficiais do KGB.

Nunca o revelou, pero para os entendidos, desde a costa Báltica só había que voar sobre o tramo da vía férrea para chegar a Moscova, a unha altura moi escasa, fóra do alcance dos radares da defensa antiaérea.

As consecuencias da aterraxe na Praza Vermella[editar | editar a fonte]

Uns días despois da aterraxe, Mikhail Gorbachev aproveita este inesperado suceso para substituír o ministro de defensa Serguéi Sokolov e ao comandante da defensa antiaérea Alexander Koldunov, antigo as da segunda guerra mundial (ambos os dous contrarios á glasnost e a perestroika), por homes afíns á súa política. Máis de 2000 oficiais (a maioría tamén opostos aos movementos reformistas de Gorbachev) perderon os seus postos. Este movemento foi clave na vitoria sobre os anteriormente feros militares, conservadores e antirreformistas.

O xuízo a Rust comezou en Moscova o 2 de setembro de 1987. É condenado a catro anos de traballos forzados por delitos leves de vandalismo, violación das leis de aviación civil e das fronteiras soviéticas. Tras permanecer en prisión 432 días no cárcere moscovita de Lefortovo, é posto en liberdade condicional. Volve a Alemaña occidental o 3 de agosto de 1988 despois de que o Secretario de Estado Andréi Gromyko, actuando como presidente do Soviet Supremo da URSS, asinase o documento que permitiu a Rust recuperar a liberdade.

Regreso a Alemaña e vida posterior[editar | editar a fonte]

Ao seu regreso a Alemaña, Rust comeza o seu servizo comunitario obrigatorio nun hospital; pero tras apuñalar a unha compañeira de traballo, é sentenciado a 30 meses de prisión, dos que cumpre 15 meses.[1]

Volve a Rusia, onde traballa como vendedor de zapatos e posteriormente pasa dous anos viaxando ao redor do mundo. Coñece a unha muller coa que contraeu matrimonio (Athena) en Trindade, e vivían xuntos en Berlín, onde el traballaba para unha compañía financeira.

No ano 2007, aos 39 anos, Rust divórciase da súa segunda esposa, unha muller da India.

En abril de 1994 Rust volveu a Rusia para visitar puntos de interese, tales como a ponte no que aterrou en 1987.

Actualmente o avión utilizado por Rust no seu famoso voo, un Reims- Cessna F172 P Skyhawk II con rexistro D- ECJB e c/ n F17202087, atópase no Deutsches Technikmuseum de Berlín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Krüger, Ralf E.; Grages, Anna (25 de mayo de 2007). "Moskau-Flug: Der Kremlflieger pokert hoch" [The Kremlin Flyer raises the stakes]. Westdeutsche Zeitung (en alemán). Consultado o 27 de marzo do 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.