María del Rosario Castells Vila
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1923 Viana do Bolo, España |
Morte | 25 de setembro de 2012 (88/89 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Ramón Otero Pedrayo e Carlos Alonso del Real |
Actividade | |
Ocupación | oftalmóloga, xeógrafa, escritora |
Membro de | |
María del Rosario Castells Vila, nada en Viana do Bolo en 1923[1] e finada en Santiago de Compostela o 25 de setembro de 2012, foi unha médica, doutora en filosofía e letras, profesora e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a infancia en Betanzos, onde comezou os estudos de Bacharelato, que rematou no IES Eusebio da Guarda da Coruña. Na Universidade de Santiago de Compostela estudou Filosofía e Letras, e doutorouse en 1961 coa tese La comarca natural de Viana del Bollo[2], dirixida por Carlos Alonso del Real e Ramón Otero Pedrayo. Esta foi unha das primeiras obras realizadas sobre xeografía comarcal galega, e a Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa subvencionou a publicación da tese en 1967.
Como catedrática de Xeografía e Historia foi docente no Instituto do Carballiño, no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense e no IES Salvador de Madariaga da Coruña. Nesa época estudou Medicina tamén na Universidade de Santiago, e tras licenciarse exerceu como médica no Hospital Municipal Labaca. Posteriormente especializouse en oftalmoloxía e exerceu nunha clínica privada de exames psicotécnicos.
Foi membro da Real Academia das Artes e das Letras, da Real Sociedade Xeográfica de Londres, da Real Academia Galega de Belas Artes e correspondente da Real Academia Galega.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1966 recibiu o Premio Fernández Latorre polo artigo “Galicia, tierra de contrastes”, publicado no ABC[4]. Unha rúa de Viana do Bolo leva o seu nome.
Obra
[editar | editar a fonte]- La comarca natural de Viana del Bollo (1967)
- Vivencias de Galicia (Ideario) (1968)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1945 con Ramón Arias de Castro Sánchez e tivo dous fillos, Ramón e María del Rosario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece la catedrática de Viana Charo Castells Vila", necrolóxica en La Región, 26 de setembro de 2012 (en castelán).
- ↑ "Con María del Rosario Castells Vila". El Pueblo Gallego. 18 de xuño de 1963. p. 8.
- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.
- ↑ Premiados 1966 Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine., na web da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Enciclopedia Gallega, Tomo V, p. 215.
- Ares, C.: Ilustres (2014)
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Castells Vila, Mª del Rosario". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 113. ISBN 84-8064-113-4.
- Marco, A. (2007): Dicionario de mulleres galegas. A Nosa Terra, p.93-94.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cid Galante, Rosa María (1/3/2009). "María del Rosario Castells Vila" Mulleres ourensás.