Mary Tyler Moore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mary Tyler Moor en 2011.

Mary Tyler Moore, nada o 29 de decembro de 1936 en Brooklyn, Nova York, é unha acriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moore é coñecida polo papel de Laura Petrie ( a dona de Dick Van Dyke) en The Dick Van Dyke Show (1961–66) e por ser a protagonista de The Mary Tyler Moore Show (1970–77) na que interpreta a Mary Richards, unha muller solteira duns trinta anos que traballa como produtora de noticias en Minneapolis. Tamén apareceu en varios filmes, o máis coñecido foi Xente corrente (1980), o que interpreta un papel que oposto aos caracteres de televisión que desenvolvera e polo que foi candidata ao Óscar á mellor actriz. Moore é tamén unha coñecida activista en prevención e investigación da diabetes mellitus e máis é presidenta internacional da Juvenile Diabetes Research Foundation.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mary Tyler Moore Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]