Saltar ao contido

Mary Agnes Chase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMary Agnes Chase

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Agnes Meara Editar o valor en Wikidata
29 de abril de 1869 Editar o valor en Wikidata
Condado de Iroquois, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Bethesda, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRosehill Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica e relva (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Brasil (1929–1930)
Brasil (1924–1925)
Porto Rico Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánica, ilustradora científica, ilustrador botánico, sufraxista, agrostóloga (pt) Traducir, coleccionista de plantas, ilustradora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUnited States National Museum (en) Traducir, scientific aide (en) Traducir (1944–1946)
Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (1903–)
Field Columbian Museum (1901–)
Instituto Smithsoniano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaChase Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeWilliam Ingraham Chase Editar o valor en Wikidata
ParentesVirginius Heber Chase, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteOnline Biographical Dictionary of the Woman Suffrage Movement in the United States (en) Traducir
Directory of Southern Women Artists (en) Traducir
Women In Science (en) Traducir, (p.30-31) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Meara-20 Find a Grave: 198697430 Editar o valor en Wikidata

Mary Agnes Meara Chase, nada no Condado de Iroquois (Illinois)[1] o 29 de abril de 1869 e finada en Bethesda, 24 de setembro de 1963 foi unha botánica estadounidense que traballou para o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos e o Instituto Smithsoniano. Está considerada como a maior experta en gramíneas.[2][3] Tamén é coñecida polo seu traballo co movemento sufraxista en Estados Unidos.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mary Agnes creceu en Chicago. A súa nai era unha obreira industrial e o seu pai un ferreiro que traballaba nos ferrocarrís e que morreu cando Agnes tiña só 2 anos.[5] Asistiu á escola primaria e pronto empezou a traballar para axudar á súa familia, pero no seu tempo libre gustáballe estudar botánica.[4] En 1888 casou co editor William Ingraham Chase, de 34 anos, pero só un ano despois este morreu de tuberculose.[6] Coa morte do seu marido e ao non poder manterse, mudouse coa súa cuñada, cuxo fillo a animou a seguir a carreira de botánica.[6]

Mary Agnes Chase no Brasil, 1929[7]

Facía debuxos de plantas e o diñeiro que obtiña utilizábao para pagar algunhas clases de botánica na Universidade de Chicago e no Instituto Lewis. Por esta época, tamén traballou co reverendo Ellsworth e o botánico Jerome Hill, para quen realizou algunhas ilustracións botánicas.[2][4]

En 1901, converteuse en asistente no Museo Field de Historia Natural baixo a dirección de Charles Frederick Millspaugh, onde publicou os seus primeiros traballos: Plantae Utowanae (1900) e Plantae Yucatanae (1904).[8]

Dous anos máis tarde, entrou no Departamento de Agricultura dos Estados Unidos como ilustradora botánica, pasando a ser asistente científica de agrostoloxía en 1907, logo botánica asistente en 1923 e botánica asociada en 1925, todo iso baixo a supervisión do botánico Albert Spear Hitchcock.[6] Os dous traballaron xuntos durante case vinte anos, colaborando e publicando xuntos.[2][4] Os dous empezaron a catalogar e clasificar as gramíneas de América do Norte e do Sur, e coa morte del, Mary Agnes tivo dificultades para conseguir financiamento para as expedicións, tendo que pagar a miúdo do seu peto.[8]

Á morte de Hitchcock en 1936, Mary Agnes substituíuno como botánica xefe, encargada da agrostoloxía sistemática e responsable das gramíneas, división de plantas do Museo Nacional de Historia Natural, do que se retirou en 1939, pero continuou como conservadora do herbario de gramíneas ata a súa morte en 1963.[4][8]

Un ano antes da súa xubilación, foi convidada polo goberno de Venezuela a asesorar ao seu ministerio de agricultura no desenvolvemento dun programa de xestión. Durante este período, cultivou máis de 400 tipos diferentes de gramíneas de diversos lugares, como os Andes e a selva tropical.[9]

Movemento Sufraxista

[editar | editar a fonte]

Por ser muller, Mary Agnes enfrontouse aos prexuízos na ciencia, sendo excluída das expedicións a Panamá en 1911 e 1912 porque os patrocinadores temían que a presenza dunha muller puidese distraer aos homes.[10] Durante a Segunda guerra mundial, Mary Agnes marchou xunto a Alice Paul, sufraxista e activista dos dereitos civís, e foi detida en varias ocasións. En 1918, foi detida tras facer un piquete fronte á Casa Branca. Negouse a saír baixo fianza e foi detida durante dez días, nos que fixo unha folga de fame e foi alimentada á forza por unha sonda nasogástrica.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. Smith Jr. (2018), p. 2
  2. 2,0 2,1 2,2 "Historical note". Consultado o 9 de xullo de 2013. 
  3. M.A. Chase, Agnes; A.S. Hitchcock (1910). "The North American species of Panicum,". Bulletin (United States National Museum). doi:10.5962/bhl.title.53687. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Ignotofsky, Rachel (2017). As cientistas: 50 mulheres que mudaram o mundo. São Paulo. p. 128. ISBN 978-8521211723. 
  5. Early Women in Science (ed.). "Agnes Chase". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Teresa Boyd (ed.). «The Other Side of Mary Agnes Chase». Smithsonian Institution Archives. Consultado em 18 de agosto de 2017
  7. "Mary Agnes Chase Collecting Plants, Brazil". Consultado o 9 de julho de 2013. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Sicherman, Barbara (1980). Notable American women: The modern period: A biographical dictionary. Harvard. p. 816. ISBN 978-0674627338. 
  9. JSTOR (ed.). "Chase, Mary Agnes (1869-1963)". Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  10. Adams, Katherine H.; Michael L. Keene (2010). After the vote was won: The later achievements of fifteen suffragists. pp. 73–74. 
  11. The biographical dictionary of women in science, Vol. 1. 2000. pp. 246–247. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Ogilvie & Hardy (2000), pp. 246-247
  13. Novon 3(3): 306 (1993). (IK)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Grinstein, Louise S.; Carol A. Biermann; Rose K. Rose (1997). Women in the biological sciences: a biobibliographic sourcebook. Westport, CT. 
  • Henson, Pamela M. (2002). Invading Arcadia:Women scientists in the field in Latin America, 1900-1950. The Americas. 58 (4): 577-600
  • Smith Jr,, James P. (2018). "Mary Agnes Chase". Botanical Studies. (en inglés) (81): 1–4. 
  • Wedin, Walter F.; Steven L. Fales (2009). Grassland: Quietness and Strength for a New American Agriculture. Madison, WI. 
  • Ogilvie, Marilyn; Harvey, Joy, eds. (2000). The biographical dictionary of women in science (en inglés) 1. Nova York: Routledge. ISBN 041592040X. 
  • Ignotofsky, Rachel (2017). Mujeres de ciencia : 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo (1ªed.). Madrid. ISBN 978-84-16830-80-0

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]