Fumaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fumarias (xénero Fumaria)
Fumaria officinalis
Fumaria officinalis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ranunculales
Familia: Papaveraceae
Subfamilia: Fumarioideae
Xénero: 'Fumaria'
L.
Especies

Véxase no texto.

Fumaria é un xénero de plantas herbáceas anuais da familia das papaveráceas, subfamilia Fumarioideae, da que son o xénero tipo, mais algúns autores aínda consideran que é unha familia separada: as fumariáceas, xunta Corydalis e outros xéneros menos correntes. A especie máis coñecida é a herba dona, herba fumaria, ou pé de galiña: Fumaria officinalis, moi abondosa en Galiza.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son herbas de mediano tamaño, acadando o metro de altura, aínda que polo xeral non superan os 50 cm. O talo é erecto, flexíbel e glabro; as follas son compostas, con folíolos lanceolados de cor verde cinsenta. Florean producindo inflorescencias en forma de espiga, compostos por 6 a 20 floriñas tubulares, bilabiadas, espolonadas, de cor branca a rosácea con pintas púrpuras no extremo. O froito é unha cápsula de pequeno tamaño.

O xénero é nativo das zonas temperadas de Europa e Asia, téndose espallado mundialmente.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 699–701. 1753.[1] A especie tipo é a herba dona: Fumaria officinalis L.

Especies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fumaria". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/40011332. Consultado o 10 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Fumaria
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fumaria