Marta Tafalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarta Tafalla
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Director de teseGerard Vilar Roca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofa Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Marta Tafalla, nada en Barcelona en 1972, é unha filósofa e profesora universitaria española.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marta Tafalla licenciouse en Filosofía pola Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). Nos seus anos de estudante traballou como voluntaria para Amnistía Internacional. Unha vez licenciada conseguiu unha bolsa FPI, período durante o cal fixo estancias de investigación nas universidades de Friburgo e Münster, así como cursos complementarios nas universidades de Heidelberg e Bamberg.

En 2002 obtivo o doutoramento en Filosofía cunha tese sobre Theodor Adorno, publicada por Herder Editorial (Theodor W. Adorno. Una filosofía de la memoria, 2003). En 2004 obtivo unha bolsa posdoutoral DAAD na Universidade de Potsdam, e en 2006 realizou unha estancia de investigación na Universidade de Londres grazas a un programa da UAB e a unha bolsa da Generalitat de Cataluña. En 1998 empezou a dedicarse á docencia e impartir clases na UAB.[2]

É membro do consello científico do Center for Animal Ethics (UPF-CAE) da Universidade Pompeu Fabra. Centrou o seu traballo de investigación na relación entre animais, humanos e natureza desde unha perspectiva ética e estética.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2011 recibiu o premio Aposta 2011 polo seu estudo Olfato y anosmia en la apreciación estética[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Burdeus, Joan (31 gen 2020). Núvol, ed. "El Delta ens diu que hauríem d'enretirar-nos". Consultado o 2020-03-19. 
  2. Jorge Riechmann (2019-04-26). "Marta Tafalla publica su estética de la naturaleza: 'Ecoanimal'". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-01-03. 
  3. Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CC-BY-SA via OTRS) (ed.). "Marta Tafalla". Consultado o 23 de març de 2016.