Martin Garitano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Martín Garitano»)
Infotaula de personaMartin Garitano

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Bergara, España Editar o valor em Wikidata
Deputado Xeral de Guipúscoa
23 de xuño de 2011 – 23 de xuño de 2015
← Markel OlanoMarkel Olano → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBildu Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Martin Garitano Larrañaga, nado en Bergara (Guipúscoa) o 4 de agosto de 1963, é un xornalista e político vasco de ideoloxía independentista de esquerdas. Dende o 23 de xuño de 2011 até o 23 de xuño de 2015 foi o Deputado Xeral, presidente da Deputación Foral de Guipúscoa, elixido tras concorrer ás eleccións forais dese ano como independente na candidatura da coalición Bildu.[1] Está casado e ten un fillo.

Xornalista[editar | editar a fonte]

Martin Garitano foi redactor xefe do desaparecido diario Egin de 1984 a 1998 xunto con Pepe Rei, época na que era director Xabier Salutregi (condenado no caso Ekin pola súa relación co membro de ETA "Txelis").[2] Posteriormente foi director de Euskadi Información e subdirector de Gara, todos eles xornais de liña editorial abertzale, así como locutor da radio Infozazpi. Tamén escribiu varios libros, entre eles unha biografía do dirixente de Herri Batasuna Santi Brouard.[3]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Con Brian Currin, Kofi Annan e Juan Karlos Izagirre, na Conferencia Internacional de Paz de San Sebastián.

O 19 de abril de 2011 Martin Garitano presentouse ás eleccións ás Xuntas Xerais do País Vasco de 2011, como independente dentro da coalición Bildu, formada por Eusko Alkartasuna, Alternatiba e independentes da esquerda abertzale.[4] Nestas eleccións, Bildu conseguiu os mellores resultados xamais logrados pola esquerda independentista vasca e fíxose con 22 dos 51 deputados da cámara provincial.[5]

O 23 de xuño de 2011, Garitano foi investido Deputado Xeral de Guipúscoa con maioría simple, cos votos da súa propia formación e un voto de Aralar.[6]

O 1 de agosto de 2011 sumouse en Azpeitia a un acto a favor dos presos de ETA, reclamando a derrogación da doutrina Parot, o fin da dispersión dos presos e da legalización de Sortu.[7] Tamén recibiu no palacio foral a un grupo de mozos que estaban a ser xulgados pola Audiencia Nacional pola súa presunta pertenza a Segi.[8] O 4 de agosto fixo unhas declaracións nas que afirmaba que "chegará un día en que haberá que reflexionar sobre a dor causada", referíndose ás vítimas de ETA, aínda que opinou que ese momento aínda non chegou.[9]

O 19 de agosto de 2011, durante unha conferencia na Universitat Catalá d'Estiu, fixo unhas manifestacións nas que afirmou que os atentados de ETA en Cataluña foron "máis que un erro" e que "os vascos debemos respecto en especial ás vítimas de Cataluña porque sucedeu nun momento en que a sociedade vasca recibira moito apoio dos cataláns".[10]

O 17 de outubro de 2011, participou na Conferencia Internacional de Paz de San Sebastián, da que a Deputación de Guipúscoa foi unha das organizadoras.

Notas[editar | editar a fonte]