Juan Karlos Izagirre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Karlos Izagirre
Juan Karlos Izagirre
Juan Karlos Izagirre en 2011.

11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015
Precedido por Odón Elorza
Sucedido por Eneko Goia

Datos persoais
Nacemento 1963
Donostia, Guipúscoa, País Vasco
Partido Bildu

Juan Carlos Izagirre Hortelano,[1][2] nado en Igeldo, Donostia, Guipúscoa en 1963, é un médico e político vasco. Foi alcalde de Donostia entre 2011 e 2015.

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade do País Vasco en 1988, é médico de cabeceira no centro de urxencias extrahospitalarias de Errenteria, á vez que posúe unha consulta privada de medicina deportiva en Donostia. Debido á súa elección como alcalde da cidade tivo que apartarse da súa profesión como médico. Participou activamente na asociación "Itxas Aurre", unha asociación de veciños que leva anos reclamando a segregación do barrio de Igeldo de Donostia; así mesmo tamén participou como médico voluntario nos campamentos de refuxiados saharauís.[3]

Ocupou a alcaldía donostiarra desde xuño de 2011 ata xuño de 2015, tras a vitoria de Bildu nas eleccións municipais de maio de 2011, ás que se presentaba como cabeza de lista independente.[4] Representou, cos seus 8 concelleiros sobre os 27 da corporación, un 24,96% dos votos válidos da cidade.[5]

Nas eleccións municipais de 2015, volveu presentarse como candidato á alcaldía por Euskal Herria Bildu, pero esta candidatura pasou a ser terceira forza política do concello con 6 concelleiros tras o PNV e o PSE-EE. O 13 de xuño de 2015 deu o relevo a Eneko Goia (PNV) na alcaldía de Donostia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Candidaturas ás eleccións municipais en Guipúscoa". Boletín Oficial de Guipúscoa. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  2. Concello de San Sebastián (ed.). "Composición del grupo Bildu en el ayuntamiento de San Sebastián". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  3. Biografía: Juan Karlos Izagirre, un médico al frente de la Alcaldía Arquivado 16 de agosto de 2011 en Wayback Machine., EITB, 11 de xuño de 2011.
  4. "Juan Karlos Izagirre, de Bildu: un médico que se convierte en quinto alcalde de San Sebastián". 20 minutos. 11 de xuño de 2011. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  5. Resultados eleccións 2011 en Donostia - San Sebastián Arquivado 23/09/2015, en Wayback Machine.. Consultado o 31 de decembro de 2012.
Predecesor:
Odón Elorza
Escut Donostia.svg
Alcalde de Donostia

2011-2015
Sucesor:
Eneko Goia