Markel Olano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Markel Olano
Markel olano.jpg
Nacemento2 de xuño de 1965
 Beasain
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade do País Vasco
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Markel Olano Arrese, nado en Beasain, Guipúscoa o 2 de xuño de 1965, é un político vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco e Deputado Xeral da Deputación Foral de Guipúscoa dende o 23 de xuño de 2015, e anteriormente, dende o 6 de xullo de 2007 até o 23 de xuño de 2011.

Inicios na política[editar | editar a fonte]

Olano iniciouse en 1980 con quince anos na política cando se fixo membro da organización xuvenil Euzko Gaztedi Indarra do Partido Nacionalista Vasco. Os seus anos de militancia en EGI desenvolveunos de forma interna nas estruturas de EGI de Beasain e do Goierri. Mentres compaxinaba a súa militancia en EGI, cursou estudos e licenciouse en Filosofía pola Universidade do País Vasco. Completou o seu percorrido con estudos de doutoramento na mesma materia.